Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blogues

EDLG - ESTÍBALIZ ESPINOSA

O venres 10 de marzo tivemos a sorte de poder rematar a actividade que se comezara o curso pasado con 1.º de Bacharelato. O alumnado de 1.º ESO C asistiu a unha charla sobre a Poesía e a Astronomía. Despois o mesmo alumnado realizou poemas e Estíbaliz Espinosa tróuxoos de novo para traballar con eles este venres.
Máis tarde 2.º da ESO A realizou poemas relacionados con imaxes da Terra de satélite. A verdade que ata houbo alumnado que traía preparado algún poema sobre o Mar, ben bonito, e que se animou a presentarllo á autora, quen o leu e a partir de aí algún grupo realizou poemas. Os temas foron diversos: sobre as imaxes que Estíbaliz presentaba sobre a Terra, sobre o mar, ...
Unha actividade marabillosa, na que conxugamos varios temas e aprendemos moito.
O noso agradecemento a @estibaliz.espinosa pola súa colaboración

BOLSAS COMEDOR CURSO 2023/2024

O 7 de marzo de 2023 publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024.

 Prazo de presentación: do 13 de marzo ao 12 de abril, ambos incluídos.

 Toda a información da convocatoria pódese consultar

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Non se precisa presentar nin certificado de matrícula nin solicitude da mesma.

 

NOF 2023-24

ESCAPARATE - TENDA DE NOIVA

 

 

Chega marzo e aproxímase a época de vodas e eventos varios. O alumnado de 2.° curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais tráenos este escaparate para unha tenda de noivas.

 

FP DUAL

 

No día de hoxe incorpóranse ás empresas que colaboran nos diferentes proxectos de #FPdual preto de 50 alumnos e alumnas correspondentes aos ciclos de:
✔️1.° e 2.° curso do CM de Comercialización de Produtos Alimentarios
✔️1.° curso do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
✔️1.° curso do CS de Transporte e Loxística
Moita sorte durante estes 6 meses de aprendizaxe na empresa!

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer