Mol contentos cos 5 premios conseguidos
Parabéns a o profesorado e a o alumnado participante premiados e non premiados!!!
Devolución do ingreso dos 50 euros en concepto de reserva: Póñanse en contacto telefónico ou presencial co secretario Manuel para recuperar os cartos. Como xa comentamos no seu día, aos que fixeran o ingreso a través de ABANCA non teremos problema en reingresarllo pola mesma vía, pois non nos supón coste ningún; non sendo así aos que non estean nesta situación.
Libros de texto obrigatorios ou recomendados para curso 2019-20.
Xa está correxido o título do libro de Inglés de 2º BAC (corrección do 27/06/2019)
O 2 de xullo incorporamos o libro de 1º BAC de Literatura Universal e os de lectura de Castelán de 1º e 2º ESO. Igualmente retiramos os libros de Matemáticas de 2º BAC da web porque non se van utilizar e dita circunstancia foi avisada con anterioridade.
Cambio no libro de galego de 1º de BAC no ISBN(4/07)
Libro de galego de 2º de bacharelato : Lingua galega e literatura - 2º bacharelato. Editorial Anaya 2016- ISBN 978-84-698-1381-2
Libros de Matemáticas de 2º de bacharelato: non hai.
O alumnado de 1º de CM de Actividades Comerciais traballou este curso 2018/2019 nun proxecto de investigación sobre os hestereotipos de xénero que nos venden as propias empresas comerciais.
O proxecto de investigación culmina cun video e un Rap elaborado polo alumnado no que pretenden concentrar as conclusións finais dun traballo feito ao longo deste curso académico.
Con este traballo tamén pretenden concienciar a toda a comunidade educativa, nais, pais profesorado e alumnado do centro a través da divulgación do seu video e da súa canción.
Na entrada do Instituto tedes folletos para levar.
Enlace: Biblioteca
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer