Skip to Content

Ligazóns importantes

 Emails do profesorado           Horarios de atención a nais e pais                                               

2015/2016

Visita aOseira, a Celanova e a Castromao

O alumnado de 4º de ESO visitou terras ourensás o 16 de novembro. Primeiro  tivo a oportunidade de coñecer o mosteiro de Oseira.  Puido entender o seu importantísimo pasado histórico e comprobar o impresionante valor artístico que as súas pedras agochan.

A segunda parada aconteceu no Mosteiro de San Rosendo, en terras celanovesas. A carón da capela de San Miguel, do século X, os nosos rapaces e rapazas puideron  observar o lugar do mosteiro onde estivo encarcerado o poeta Celso Emilio Ferreiro e onde se di que ideou parte dos versos que aparecerían publicados no seu libro Longa noite de pedra. Xa dentro do mosteiro –hoxe adicado na súa gran parte a funcións administrativas, educativas e sociais- paseou polos seus fermosos claustros, visitou a súa rica e impresionante igrexa, viu de preto o magnífico órgano, etc.

Pola tarde o destino foi, primeiramente, a casa do xenial poeta Manuel Curros Enríquez, coñecida como a Casa dos Poetas pois de certo, de Celanova e Vilanova dos Infantes saíron magníficos escritores como os dous xa citados: Curros e Celso Emilio e outros tan importantes como Xosé Luis Méndez Ferrín. A segunda e última visita da tarde foi o poboado castrexo reconstruído en Castromao. De camiño cara ao castro, o autobús que levaba o noso alumnado fixo unha parada para que Alba Míguez, alumna de 4º de ESO, recitase uns versos da obra de Curros A virxe do cristal, dos que a comunidade educativa viaxante do Mendiño e a propia Vilanova foron testemuñas caladas e sentidas. Con estes versos o noso instituto sumouse a un proxecto da Fundación Curros Enríquez co que se pretende realizar unha homenaxea escolar á Virxe do Cristal.

Se queredes ver máis fotos desta visita, premede  en “As nosas fotos

 

 

Magosto 2015

O venres 13 de novembro outro ano máis vivimos o magosto: castañas bailando no lume, son de gaitas esparexidas polos corredores, pola cafetaría, polo patio...; risos e brincadeiras de rapaces e rapazas; emoción, esforzo e xogo compartido no pavillón; doces realizados con produtos desta tempada de outono que fixeron as delicias da comunidade educativa que os degustou...

Voltou outra vez  o San Martiño e desta volta veu cangado de sol e temperaturas moi agradables que fixeron aínda máis pracenteira esta xornada festiva da que queremos dar mostra con algunhas imaxes que podedes ver premendo no apartado “As nosas fotos”.

 

 

 

 

 

 

Visita a Faro de Vigo

O mércores, 28 de outubro, o alumnado de 4º ESO visitou as instalacións de Faro de Vigo en Chapela. Tiveron ocasión de comprobaren como se elabora un xornal, incluso puideron ver o funcionamento da rotativa e coñecer a evolución do decano da prensa española ao longo do tempo. Viñeron informados (verán o xornal co que, ás veces,  traballan na aula con outros ollos) e ledos (porque foron agasallados cun libro, un poster do Celta e un cd co imaxes deste equipo)

Foi unha actividade estupenda que temos que agradecer ao xornal do concello e á estupendo recibimento e explicación da guía.

Preme na foto para ver imaxes desta visita.

 

 

 

 

 

Aisitencia ao Teatro: "Perplexos" do grupo “ilMaquinario Teatro”

O xoves, 22 de outubro, os alumnos de Literatura Galega do século XX e da Actualidade, de 2º de Bacharelato, asistimos no Teatro Principal, en Pontevedra, á representación de “Perplexos”, do grupo  “ilMaquinario Teatro”.

Trátase dunha obra moi divertida, cun guión cheo de gags e xiros sorprendentes, a través dos cales se tocan moitos dos temas da sociedade actual, como a pervivencia do fascismo, as relación de parella, a vida burguesa… e o propio teatro.

En definitiva, una obra intelixente e provocadora,  feita para un público adulto (aínda que o alumnado de ESO que asistiu a ela tamén o pasou en grande),  que nos deixou “perplexos” e que non nos importaría volver ver en canto teñamos oportunidade.

Por certo que a fin de semana representouse en Redondela, polo que moitos dos que a viron compartirán, seguro, a nosa opinión.

Noraboa a “ilMaquinario Teatro” e grazas ao Pazo da Cultura de Pontevedra pola súa campaña de “Ponteatro”, que permite aos alumnos de ESO e Bacharelato achegarse todos os anos á actividade teatral.

 

 

 

 

 

.

Arte Lixo 2015

E comezamos un ano máis coa exposición de "ARTE-LIXO"

Podedes pasar pola cafetaría do noso centro e comprobar como o lixo pode ser tamén arte. Na entrada do centro, unha "meiga" agarda sentada a que alguén remate a historia que está escrita na árbore que hai ao seu carón. E vai ser, xustamente, o alumnado de 2º de ESO-B quen o faga.

Un peixe, un lagarto, cabezas de touro... son algunhas das obras que estiveron en locais, rúas, prazas e xardíns da nosa vila. A mostra acompáñase de fotos, deseños e textos literarios, que tamén van servir de inspiración para o noso alumnado de 2º de ESO que está a escribir as súas propias composicións poéticas.

Concienciación ecolóxica, imaxinación, arte visual e gráfica: ARTE-LIXO.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contenido

 

 

  

Avenida Mendiño, 40

36693 Cesantes(Redondela)

Tlf: 886110590

Fax:886110599

ies.mendino@edu.xunta.es 



by Dr. Radut