Seica xa non hai con quen falar en galego. Por iso moitos dos nosos estudantes non poden practicar na súa contorna a lingua propia de Galiza. Ou iso nos din. E nós non podemos consentilo. Xa que nos corresponde o labor de facelos competentes en lingua galega. E para iso cómpre falala. E, se na casa xa non hai con quen facelo, pois tocará falala aquí, no instituto, en todos os ámbitos e contextos que poidamos. Por iso botamos a andar os Faladoiros en galego: todos os venres, no recreo, diante da bibliteca. Se vos presta, vide botar unha parolada. Tema libre!