You are hereCiencias Naturais, Ciencias Sociais, Cultura Clásica, Economía, Educación Física, Educación Plástica, Filosofía, Física e Química, Grego, Latín, Lingua Española, Lingua Francesa, Lingua Galega, Lingua Inglesa, Lingua Portuguesa, Linguas clásicas, Madeira, Matemáticas, Música, Orientación, Relixión, Tecnoloxía, Xeografia e historia

Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Cultura Clásica, Economía, Educación Física, Educación Plástica, Filosofía, Física e Química, Grego, Latín, Lingua Española, Lingua Francesa, Lingua Galega, Lingua Inglesa, Lingua Portuguesa, Linguas clásicas, Madeira, Matemáticas, Música, Orientación, Relixión, Tecnoloxía, Xeografia e historia


CONVOCADAS AS AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE E AS BECAS PARA CURSO 2019/20 ALUMANDO DE BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL

A continuación podedes consultar dous documentos no que se explican requisitos, lugar de presentación e prazo para solicitar as bolsas para alumnado con NEAE e bolsas de carácter xeral para o curso 2019/20 para estudos postobligatorios de bacharelato e formación profesional.

Táboa Periódica interactiva en galego realizada polo Dep de Física e Química coa participación do alumnado

Tendo en conta que a UNESCO declarou o ano 2019 como ano intrenacional da táboa periódica ao cumplírense 150 anos desde Mendeleev publicase a súa famosa clasificación períódica, o dep de Física e Química decidiu facer unha pequena contribución a este evento elaborando unha táboa periódica interactiva online en galego na que participase o alumnado. Para elo dividimos os elementos da táboa periódica entre o alumnado de 2º ESO, 4º ESO e FP Básica. Cada un deles, mediante un formulario creado na páxina do instituto, subiu o seu traballo (cun guión acordado polo departamento) sobre o elemento que lle tocou.
Unha das plataformas online que permite realizar unha tarefa deste tipo de xeito gratuito é "Genially". Mediante unha conta compartida entre os membros do departamento procedeuse ao deseño da táboa e a revisión, edición e maquetación do contido enviado polo alumnado sobre cada elemento. O proceso levou máis tempo do programado, polo que a publicación é "in extremis", xusto no remate do curso! pero pensamos que mereceu a pena e o no departamemo estamos moi contentos co resultado final.

XORNADA DE ANELAMENTO DAS CEGOÑAS DO IES DE MELIDE

O pasado mércores 29 de maio o alumnado do 1º ESO asistiu ao anelamento dos tres polos das cegoñas situadas no patio do instituto. A actividade foi sumamente gratificante, pois puidemos coñecer, de primeira man, as técnicas que empregan os ornitólogos para estudar a vida e migracións desta interesante especie. O anelamento destas aves permitiranos, nun futuro, poder ter información sobre a súa idade e as rutas migratorias que seguen estes exemplares.

fOTOS_cEGOÑAS

Enlace co resto de fotos da xornada: https://drive.google.com/drive/folders/1_MREVaRho9Jsy4uW_1YokseO0x4KtzoP

MONTAXE DAS CÚPULAS LEONARDO

O alumnado de 1º ESO e 2º ESO estivo montando as que son coñecidas coma cúpulas de Leonardo, pois xa nos escritos de Leonardo da Vinci hai estes debuxos. Hoxe 500 anos despois estes esquemas aínda nos invitan a levantar estas interesantes cúpulas. Once estructuras con a mesma peza e sen elementos de unión entre elas, o peso da estrutura é suficiente para manter a estabilidade.

Os obxetivos da actividade:

  • Coñecer as estructuras do "Codex Atlanticus"
  • Potenciar a creatividade e a habilidade
  • Importancia do traballo en equipo
  • Descubrir as ideas para pasar dunha estrutura plana a unha curva
  • Mostrar unha aplicación na vida real das matemáticas.

Cupulas Leonardo

GUIA DAS MATERIAS TRONCAIS E ESPECÍFICAS OFERTADAS

A continuación tedes a guía das materiais troncais e específicas que se ofertan no centro por curso académico. Nela recóllese a información que nos pasaron os departametos didácticos sobre as materias que imparten, que se traballa nelas e como se organiza o curso. Esperamos sexan da vosa axuda.

-Guía das materias troncais e optativas de 3º ESO.

-Guia das materias troncais e específicas de 4º ESO.

-Guía das materias troncais e específicas de 1º BAC.

-Guía das materias troncais e específicas de 2º BAC.

CONMEMORAMOS A REVOLUÇAO DOS CRAVOS

Dende o departamento de Lingua Portuguesa organizouse un ano máis, unha pequena xuntanza na entrada do centro para conmemorar a revoluçao dos cravos e celebrar tamén o 25 de abril.

Cartaz

Todos xuntos cantamos o Grándola Vila Morana e recordamos como un pobo unido pode cambiar unha nación sen necesidade de conflito armado, todo un exemplo dunha nación que derriba muros para construír pontes.

Celebracion 25 Abril

GUIA ESTUDOS SUPERIORES

Dende o departamento de orientación queremos compartir con vós a guía de estudos superiores que publicou recentemente A Voz de Galcia e que consideramos pode ser de utilidade para todos aqueles que queirades coñecer as titulacións que se ofertan na nosa Comunidade Autónoma tanto nas Universidade coma nos centros de Estudos Superiores. Preme na imaxe para consultar a guía.

guia estudos superioes

VISITA AO LABORATORIO DE MEDICINA XENÓMICA

O pasado sábado 16 de marzo, o alumnado que está a cursar a materia de Bioloxía de 2º de bacharelato visitou os laboratorios de Medicina Xenómica do Hospital Clínico de Santiago. Tiveron a honra de coñecer as instalacións da man do seu director, o Doutor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal e experto internacional en Xenética. O Dr. Carracedo ensinou ao noso alumnado moitas das técnicas e os aparellos que se empregan na actualidade para detección de enfermidades xenéticas: máquinas que permiten a secuenciación do xenoma humano, aparellos que permiten amplificar o ADN (PCR) para a súa posterior secuenciación, técnicas que permiten construír cariotipos humanos para a detección de mutacións cromosómicas, etc.

Sentímonos enormemente agradecidos por poder gozar desta enriquecedora xornada, a cal, sen dúbida, quedará por sempre no recordo de todos nós e estamos convencidas de que influirá na toma de decisións sobre o futuro profesional do noso alumnado.

Laboratorio Mxenomica

CHARLA AESLEME "PÓDETE PASAR"

No marco do Plan de Acción Titorial do IES de Melide, durante a mañá de hoxe, 15 de Marzo, tivemos a visita da AESLEME (Asociación pola Prevención de Accidentes de Tráfico e ONG de atención a vítimas de accidentes). Co obxectivo de concienciar e sensibilizar sobre unha conducción responsable; Juan, a través dun relato autobiografico, foi quen de transmitir ao alumnado de 4º da ESO e FP Básica (1º e 2º curso) as regras básicas da Educación Vial: uso do cínturón de seguridade, NON uso do móbil ao volante e o NON consumo de alcol e drogas antes de conducir. Moitas grazas á AESLEME e a Juan.

Charla AESLEME2019

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido