You are hereActividades / Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación

Escolares, Complementarias, Extraescolares, Actividades, Programación


<< A SEMANA DAS CURTAS >>

O alumnado do IES de Melide, xunto con máis de 11.000 alumnos duns 80 centros educativos de toda Galicia, participa ata o próximo venres na “Semana das Curtas”, que organiza o equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Audiovisual de Vigo, en colaboración coa Coordinadora Galega de ENDL.

A Semana das Curtas propón a proxección, en cada centro educativo participante, dun ciclo de curtametraxes galegas en lingua galega, estructurado en sesións temáticas de aproximadamente unha hora de duración cada unha.

Cada sesión temática consta de tres curtas, un videoclip dun grupo musical que cante en galego e unha breve peza documental de “eufalo.tv”, un proxecto colaborativo sobre a lingua e os falantes.

Ao mesmo tempo, habilitouse un espazo web (http://www.semanacurta.com/index.htm) e un blog (http://semanacurta.wordpress.com) para que o alumnado poida opinar sobre as distintas pezas. Desta manera, os mozos e mozas poderán establecer contacto entre eles, opinar sobre as filmacións que máis lles gostaron, contrastar opinións con outras persoas e votar pola curta e sesión que máis lles gustou.

Fomento do galego

O obxectivo é difundir a creación audiovisual galega e fomentar a lingua por medio de linguaxes atractivas para o alumnado. Ao mesmo tempo, servirá para promover entre o alumnado o traballo de directores e actores xoves, que en moitos casos están dando os seus primeiros pasos no ámbito creativo, ao lado de outros máis consagrados, como Isabel Risco, Luís Iglesia, Marcos Correa, Xan Cejudo, Mela Casal ou Camila Bossa, entre outros.

Trátase de visibilizar a creación artística feita no idioma galego, moitas veces invisible poa sobreoferta dos medios ou polo desinterés da propia administración, ao tempo que pode servir para incentivar ao alumnado para que elabore  os seus propios proxectos audiovisuais.

Día Escolar da Paz e a non Violencia

 

Cada ano, desde 1964, celébrase o Día Escolar da Paz e a non Violencia, en conmemoración da morte de MAHATMA GANDHI, o home que coas súas accións de non violencia conseguiu a independencia da India e que foi asasinado ese mesmo día en 1948.

O obxectivo desta conmemoración é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respeito aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.

No IES de Melide lanzamos este curso a campaña Bicos para a paz.O que pretendemos é recadar fondos para enviar a Haití xusto cando se cumpre un ano do terremoto que destruíu o país.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido