FacebookSíguenos en YouTube

Estreo de cine: "A casa da luz"

A casa da luzO vindeiro sábado 30 de xaneiro, para continuar co seu programa de actividades culturais, o alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do IES Maximino Romero de Lema prepara “un estreo mundial de cine”.
Seguramente moitas persoas lembren unha película que se gravou fai anos na Carballeira de Baio, para a que se construíra un grande barco e na que participaron moitas e moitos veciños da vila. Pois ben, chegou a hora de poder ver “A casa da luz”, un filme recomendado para todos os públicos e que está baseado nun libro escrito por Xavier P. do Campo.
A proxección comezará ás 19:00h, no centro sociocultural de Baio, e ao remate gozaremos de un pequeno debate con Carlos Amil Serantes (director da película) e Xosé Xoán Cabanas Cao (produtor de Vimbio Filmes). A película non puido ser estreada nos cines e por iso este grupo de grupo de alumnos/as -que participaron algúns deles na película- buscaron o xeito de poder facer realidade un dos seus soños: verse na gran pantalla.
A casa da luz quere convidar aos nenos e nenas - e tamén os que deixaron de selo- a unha viaxe na que descubran por medio da diversión, as emocións e a sorpresa que cada día podemos volver á casa máis sabios se conseguimos superar o medo ó descoñecido, que a amizade é máis indestrutible do que supoñiamos e que a solidariedade e a unión entre os pequenos pode vencer aos poderosos.
 
Agardámosvos!!!
 
Alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do IES Maximino Romero de Lema

Actividades de fin de trimestre

Mago TetoOutro ano máis, como xa é costume, no IES Maximino Romero de Lema estamos a preparar un máxico e entretido fin de trimestre.

Para iso precisamos da vosa enerxía e imaxinación para gozar connosco de un pre-Nadal un tanto especial!!!

JanoO vindeiro venres 18 de decembro acudirán a facernos pensar e a abraiarnos cos seus trucos e acrobacias o Mago Teto co seu espectáculo Tolemaxias e o circo novo de Jano Costas “Sen Medidas”.

As actividades darán comezo despois do segundo recreo.

Foliada Solidaria

Cartaz da Foliada Solidaria

O próximo 28 de Novembro a partires das 19:00 horas, no Auditorio de Baio, o alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural do I.E.S. Maximino Romero de Lema presenta unha Foliada Solidaria en apoio ó pobo sirio. Os cartos recaudados serán destinados a Médicos sen Fronteiras.

Ver o cartaz do evento
Ver nota de prensa
Ver entrada na Voz de Galicia

Presentación Proxecto Regueifesta: a regueifa expansiva

Regueifando no WhatsAppDentro das Xornadas de Tradición Oral da Biblioteca Anxo Casal, o instituto Maximino Romero de Lema de Baio, e o IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, presentaron na biblioteca Ánxel Casal de Santiago o Proxecto Regueifesta: a regueifa expansiva.

Máis información:
 - La Voz de Galicia (5 de novembro)
 - La Voz de Galicia (6 de novembro)
 - Galicia Confidencial (5 de novembro)
 - Sermos Galiza (8 de novembro)

Paisaxe en Terra de Soneira premiado pola Consellería de Educación

O proxecto "A paisaxe agraria en Terras de Soneira" valeulle ao instituto Maximino Romero de Lema, de Baio, para facerse co segundo premio na categoría de Paisaxe e Sustentabilidade do Plan Proxecta da Consellería de Educación.

O proxecto premiado pódese consultar na web:
https://sites.google.com/site/paisaxesenterrasdesoneira/

Enlace á nova noutros medios:
La Voz de Galicia
Que pasa na Costa

Presentación do proxecto "Regueifesta"

O proxecto é unha iniciativa de normalización linguística impulsada polo IES Maximino Romero de Lema, de Baio, e o IES Marco do Cambalhom, de Vila de Cruces que ten como obxetivo impulsar a regueifa como forma de socialización entre a xente nova, instrumento para desenvolver habilidades linguísticas, recurso para estimular a creación musical e para o tempo libre da mocidade.
No acto participará alumnado dos dous centros de ensino, os profesores Manolo Maseda e Séchu Sende, e contará coa colaboración das regueifeiras Alba María e Sara Marchena. Ademais, no acto haberá lugar para diferentes sorpresas que vincularán este proxecto educativo co mundo sociocultural e musical actual.

Lugar:
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Salón de actos, Xoves 5 de Novembro ás 18:00 h.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Distribuir contido