FacebookSíguenos en YouTube

Alumnado de Ciclo elabora o calendario "Un mes, unha foto e unha poesía"

Comezamos o ano estreando calendario en cada aula. Ė un calendario moi especial xa que foi realizado polo alumnado de 1º do Ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes, en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística do centro. Un mes, unha foto e unha poesía. Con esta sinxela fórmula, cada mes o noso alumnado pode gozar dun fermoso lugar da nosa contorna e dunha poesía froito da inspiración que dito lugar espertou nos nos@s poetas galeg@s.

Compartimos contigo o arquivo en formato PDF por se queres admiralo ou imprimilo, recorda que foi deseñado para unha folla tamaño A3.

Fai clic sobre a imaxe que vén a continuación ou no ficheiro adxunto para descargar o calendario.

AdxuntoTamaño
Calendario2020.pdf21.87 MB