Skip to Content

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2022-2023

O xoves 8 de setembro comezarán as clases deste curso escolar co horario habitual (8.30-14.10).

As rutas do transporte escolar realizarán o seu percorrido habitual. 

Hora de inicio de todas as rutas: 7.45, agás a de Rialta que partirá ás 8.00.

O alumnado ten á súa disposición na secretaría do centro os cheques para a adquisición de material escolar e os lotes de libros dos cursos pares do Fondo Solidario de Libros de Texto.

O alumnado que non devolvera a chave da taquilla debe deixala na conserxería do centro.



page | by Dr. Radut