Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Está publicada a listaxe provisional de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario e a listaxe provisional de solicitudes excluídas, indicando a causa de exclusión.

Pode consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes ao desta publicación.



page | by Dr. Radut