Skip to Content

O escritor

Evocación de Manuel Murguía

EVOCACIÓN DE MANUEL MURGUÍA

(1833-1923)Nacido en Arteixo (Froxel-Arteixo)na simbólica data de maio de 1833,
fillo da moza vasca Concepción Murguía Egaña e do boticario liberal compostelano
Xoán Martínez de Castro, Manuel Antonio Martínez Murguía educouse en Santiago co
seu irmán Nicolás, dous anos máis novo ca el. Compañeiro de estudios de Eduardo
Pondal e morto prematuramente en Cuba. Aos 13 anos, Murguía é testemuña do
levan- tamento de Solís e aos 19, en 1851, témolo xa en Madrid e non para
estudiar Far- macia senón para entregarse en corpo e alma ás artes e ás letras
publicnado nos mellores xornais e revistas da capital e nalgúns galegos -como La
Oliva e El Miño- numerosas obras de ficción, o poema en galego "Nena d´as
soledades" así como ensaios de temática galega ou crónicas da sociedade. Xunto
co libro escolar La primera luz, publica a exitosa noveliña Desde el cielo,
aparecida en 1854 en La Iberia. En Madrid amplía ou comeza relacións
intelectuais e humanas con figuras tan destacadas como como os irmán Chao e os
Avedaño, o pintor Federico Ruíz, o editor Xoán Compañel, Xosé Rodríguez Seoane
ou Ventura Ruíz Aguilera. O vigués Alexandre Chao (1835-1894) é unha das figuras
máis próximas e íntimas de Murguía. Naqueles anos 50, cando tamén entra en
contacto con Vicetto, casa, en 1858, con Rosalía de Castro con quen ten sete
fillos: Alexandra Teresa (1859-1937), Aura (1868-1942), os xemelgos Gala
(1871-1964) e Ovidio (1871-1900), Amara (1873-1921) e Adriano (1875-1876).
Valentina naceu morta en 1877. Aínda que casaron Aura (1909) - a quen lle
morreron moi novos dous fillos- e Gala (1922) non se coñecen descendentes da
parella Martínez Murguía-Castro.

Presentes Murguía e Rosalía no álbum de la caridad (1862), o primeiro orienta a
súa producción cara á investigación histórica, leteraria e cultural do país
testemuñada plo inconcluso Diccionario de escritores gallegos e, sobre todo,
pola edición dos dous primeiros tomos da súa Historia de Galicia (1865-66).
Optando polo rigor documentalista, a apelación a textos escritos e o uso dunha
bibliografía solvente, ofrece xa, segundo as concepcións orgánico-historicistas,
unha sólida teoría nacional: Galicia é unha nación natural e espontánea,
herdeira da raza superior celta, falante dun idioma propio, havitante dun
territorio definido, e posuidora duns costumes, unha mitoloxía, unhas
institucións e un folclore senlleiros.

Secretario da Xunta Revolucionaria
de Santiago en 1868 e designado Xefe do Corpo de Arquiveiros con destino en
Simancas (Valladolid) onde permanece ata 1870. é nomeado Director do Arquivo
Xeral do Reino de Galiza vivindo na Coruña entre os anos 1870 e 1875. Daquela
perde o emprego e ata 1892 non oten estábel. Murguía volta a Madrid onde dirixe
La Ilustración Gallega y Asturiana (1879-1881) que promove Alexandre Chao. Na
Ilustración xunto cunha cultura extensa e actualizada, Murguía deixa ver os seus
o tema da propiedade ata a emigración, desde a industria ás artes e á educación,
desde as comunicacións ata os comentarios sociais. Logo de editar El foro(1882)
e viúvo desde 1885, elabora Los Precursores (1886) para ollar ao pasado, ser o
seu cronista e o seu notario e para incidir na vida púvlica galega. Dos
precursores, Faraldo representa a acción política iniciadora do nacionalismo e
os mozos comprometida cos mellores amigos, un tipo progresista que está no
Banquete de Conxo. Pondal é un dos grandes camaradas de Murguía, compartiron
viaxes, libros, ideais. Pouco se pode afirmar de Rosalía, porque a vida dela e a
vida de Murguía están confundidas, invadidas unha pola outra. Tamén evoca o
escritor Félix Moreno Astray, a pintura de Serafín Avendaño, a arte de Antonio
Cendón e as fazañas de Leonardo Sánchez Deus.
No intenso período rexionalista, Murguía preside o certame de o Galiciano,
defende o carácter plurinacional de España en LOa Región Gallega, editnado o
Galicia (1888) onde insiste nos seus postulados ideolóxicos desde o celtismo ata
os testemuños dun poder galego coas súas propias institucións (Xunta do Reino,
Audiencia e Armada) pasando pola mitoloxía popular. Para alén de evidenciar a
nosa historia, visita as cidades e vilas, a súa arquitectura, os mitos e as súas
figuras ilustres. En 1889, Murghía sae ao paso de determinados aspectos do
discurso de ingreso de Sánchez Moguel na Academia de Historia (Madrid, 1888) en
El regionalismo gallego onde acusa ao novo académico de ser partidario do estado
uno, indivisíbel e coercitivo, de confundir estado e nación e de non querer ou
non saber entender o discurso rexionalista. Murguía non quere que a nosa patria
sexa tratada como unha colonia e esixe autogoberno, misa e escola en galego,
oficialidade do noso idioma propio, xente do país para dirixir a xustiza ou as
institucións ao tempo que reitera o seu coñecido ideario nacionalista, rebate a
teoría histórica de moguel e censura a acción centralista do estado español na
Galicia, privada de bispos e oidores galegos.

En 1890, participa en Barcelon nos Xogos Florais pronunciando o seu célebre
discurso "Orixes e desenvolvemento do rexionalismo na Galicia" onde historia o
débil rexionalismo galego, propugna a fundación dun partido rexionalista,
lamenta que non teñamos un grande centro urbano como Barcelona e rende homenaxe
aos galegos da diáspora. Naquel ano, 1890, fúndase a Asociación Rexionalista
Galega que reclama representantes galegos en Cortes así como actuacións que
favorezan as artes, a industria e a agricultura do noso país. AA.R.G. crea o seu
xornal La Patria Gallega, dirixido polo mesmo Murguía, quen publica o seu texto
"Donde estábamos, estamos". As principais actividades da Asociación foron a súa
participación no traslado dos restos mortais de Rosalía en 1891 a Compostela, a
celebración dos Xogos Florais de Tui, a homenaxe a Murguía en 1892 e a adhesión
á protesta polo posíbel traslado da Capitanía Xeral da Coruña a León. O 24 de
xuño de 1891, celébranse en Tui os Xogos Florais que pasan á nosa historia pola
reivindicación que se facía do galego e do seu uso en público. No seu discurso,
un Murguía emocionado patentiza a súa inmensa ledicia por expresarse nunha fala
case morta que renacía esperanzadamente, no contexto dunha festa nacional e
nacionalista, na que ademais de lembrar mágoas e ofensas pasadas, era preciso
proclamar os dereitos do noso pobo. Murguía é consciente do labor precursor e
comprometiso que desde os ilustrados e os primeiros cultivadores do galego no
XIX foron creando unha dinámica que priludia e exolica o Rexurdimento e todos os
fenómenos que o caracterizan.

En 1894, Murguía volta á Coruña onde pasa
as tres últimas décadas da súa vida traballando no Arquivo da Facenda e editando
libros tan valiosos como En prosa (1895), Don Diego Valera en 1896. Presidente
Honororio da Liga Gallega (1897), traballo con Curros e Fontenia Leal para
constiruir, xa xubilado, a Academia Galega en 1905 e da que resulta elexido
Presidente. No Boletín da Academia edita moitos dos seus últimos traballos.
Nestes anos participa en actos de homenaxe a Curros, Pondal, Rosalía, Fontenla
Leal, Chané, sendo el o homenaxeado en 1913 ao cumprir 80 anos. Sobre Currros e
Pondal publicaría en galego dous importantes textos: "A Curros" e "Eduardo
Pondal e a súa obra", este editado postumamente. Unha nova homenaxe a Murguía
celebrouse en 1920 no Balneario de Mondariz.

Manuel Martínez Murguía
faleceu o 2 de febreiro de 1923. Desde aquela data ata hoxe sucedéronse as
homenaxes en Portugal (1923), no noso país (1924, 1933), en Bos Aires (1933) ou
en Madrid (1958). A palabra de Murguía reaparece en 1974 no volume Política y
sociedad en Galicia, preparado por Xesús Alonso Montero, e en 1976 con Los
Precursores e co libro de Risco Manuel Murguía. Por esta época diversos
traballlos académicos de Xosé Castelos Paredes, Afonso Mato Domínguez, Xusto G.
Beramendi ou Ramón Maiz estudian a época e o pensamento
murguinianos.

En 1991 o Concello de Arteixo creaba o Certame de Narracións
Breves "Manuel Murguía", complementado co Certame de Contos Infantís "Manuel
Murguía" no que participan escolares. Neste momento o nome de Manuel Murguía dá
nome en Arteixo a un dos Institutos de Ensino Secundario e a unha Asociación de
Veciños. Na cronoloxía de Manuel Murguía hai un ano decisivo: o 1998 cando se
cumpría o 75º aniversario do siu pasamento. Nese ano, o nome de Murguía fíxose
presente na vida pública galega preparándose o camiño para que a academia Galega
decida dedicarlle, neste ano 2000, o Día das Letras Galegas.

O ano 2000
permitiunos coñecer o epistolario de Murguía, asistir a un Congreso sobre a súa
figura e en definitiva devolverlle en forma de homenaxe algo do moito que el nos
ten dado. Ogallá que no próximo século, Murguía sexa máis coñecido e recoñecido
por todos os galegos.

Henrique Rabuñal Corgo
(Doutor en Filoloxía Galega,
profesor no Instituto de Arteixo e Coordenador do Certame de Narrativa "Manuel
Murguía")

 

Distribuir contido
Usando tecnoloxía Drupal, un sistema de xestión de contidos de fontes abertas


by Dr. Radut