DEPARTAMENTO DE INGLÉS
O Departamento de Inglés quere ofrecervos algún material de interese cultural e/o lingüístico e que pode servos de utilidade para mellorar a vosa competencia en devandita lingua. Sería aínda máis enriquecedor se os alumnos achegasen ideas e/ou material de cando en vez para complementar o elaborado ou atopado polo profesorado. Agradecéndovos por adiantado a vosa colaboración, un cordial saúdo a todos vós, e lembrade que calquera crítica ou suxestión é benvida tamén.
Nesta ocasión trátase da presentación en PowerPoint elaborada pola lectora polaca coa que temos o gusto de contar este curso (aínda que só sexa ata finais de Febreiro) no noso Centro. Consiste nunha serie de imaxes e textos sinxelos sobre a cultura británica. Deste xeito poderedes vela cantas veces vos pareza oportuno e daquela ampliar o voso vocabulario e os vosos coñecementos sobre o Reino Unido. E sobre todo poderedes desbotar certos estereotipos que todos nós temos sobre o tema.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
British Culture.ppt | 30.47 MB |