Proxecta Quérote +
Toda a información relativa ao Proxecta Quérote+ desenvolvido no curso 2014-15 polo departamento de Lingua galega e Literatura, no seguinte enlace.
Toda a información relativa ao Proxecta Quérote+ desenvolvido no curso 2015-16 polo departamento de Lingua galega e Literatura, no seguinte enlace.
Proxecta Xogade
Toda a información relativa ao Proxecta Xogade desenvolvido neste curso (2014-15) polo departamento de Educación Física no seguinte enlace.
Proxecto Terra: Identidade territorial e cultural: Galicia-Norte de Portugal
O Departamento de Lingua galega e o de Ciencias sociais sumamos, unha vez máis, os nosos obxectivos e traballo.
Co fin de integrar, co labor que desenvolvemos a través das actividades realizadas polo alumnado participante ao longo de todo o curso, o traballo da unidade didáctica “Identidade territorial” como actividade complementaria ás nosas programacións didácticas, completámolo tamén coa visita a Guimaraes, como está previsto polo Proxecto Terra.
O resultado foi, tamén nesta ocasión, unha experiencia enormemente positiva e enriquecedora para o noso alumnado, a maioría dos/as cales repetían unha e outra vez como síntese das súas impresións “o moito que aprenderon e o ben que o pasaron”. Pode caber maior satisfacción para nós, como educadores, que conseguir “docere” e “delectare” ao mesmo tempo? Aprender e divertirse é posible !!
Toda a información relativa ao Proxecto Terra desenvolvido neste curso (2014-15) polo departamento de Lingua galega e Literatura, no seguinte enlace.