Novas MeGaBiblio

Videoconferencia entre os IES da Estrada

O vindeiro venres 27  de marzo con motivo do "Día da poesía" os/as alumnos/as de 2º ESO e 3º ESO A participarán na videoconferencia "Versos a Palestina" realizada entre os tres IES da Estrada, coa colaboración técnica do Centro Multimedia de Galicia, e na que se lerán diversas poesías conmemorativas. Será na Biblioteca do centro ás dúas últimas horas.

Tropa de trapo: "A hora azul"

   O próximo mércores, día 28, contribuíndo a conmemorar unha miguiña o día da PAZ, 30 de xaneiro, desenvolverase no noso centro un espectáculo “A hora azul” de A TROPA DE TRAPO, música e contacontos para o alumnado de 4º ESO e 1º BAC., incluído un obradoiro co alumnado de 1º de bacharelato.
   A hora azul é un espectáculo de música e contacontos, onde dúas voces suxerentes, de muller e de home, narran historias traídas do lonxano oriente, da Galicia, de Andalucía, de calquera parte do mundo e de todas á vez. Son historias humanas e sinceras, cheas de vida, acompañadas polo son do laúde árabe, da darbouka, da guitarra flamenca, do caixón, da guitarra portuguesa...
   Esta actividade está financiada conxuntamente pola Biblioteca, o  departamento de Lingua Española, o departamento de Educación Física e Normalización Lingüística.

Lecturas para o Nadal

Dende a biblioteca do IES Manuel García Barros recordámosvos que o Nadal é tempo de vacacións pero tamén de libros. É unha boa ocasión para pedir e regalar libros. Aquí vos deixamos algunhas recomendacións.

faro_biblio.png

Plan Lector

Hoxe martes 28 de outubro empeza a funcionar no centro o Plan Lector destinado aos alumnos/as de 1º e 2º ESO. Neste plan os alumnos/as terán unha hora o día de dedicación a lectura na aula según un horario establecido e que poden consultar nos taboeiros das suas aulas.

BENVIDA DA BIBLIOTECA

A biblioteca dá a benvida a toda a comunidade educativa do IES Manuel García Barros.

Boletín nº 5

A biblioteca MGB publica o Boletín nº 5 coas recomendacións das lecturas para este verán. Disfrutádeas!

Concurso "Pasapalabra"

A semana do 19 ao 23 de maio continuarase co concurso "Pasapalabra", esta vez en galego, para conmemorar as LETRAS GALEGAS. O calendario de participación está no taboeiro das actividades e repartirase aos titores correspondentes.

BOLETÍN Nº 4

A biblioteca publica o seu Boletín nº 4 onde dá a coñecer as actividades a celebrar o Día do Libro (23 de abril) e as propostas do plan de lectura "Tempo de LEceR".

DÍA DO LIBRO

Con motivo do Día do Libro, a biblioteca do MGB convoca o concurso "Pasapalabra" para todo o alumnado do centro.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

A biblioteca do MGB, con motivo do Día da Muller Traballadora, propón unha serie de actividades que, unha vez realizadas, se exporán nos corredores do instituto.

DÍA DE SAN VALENTÍN

Actividades convocadas pola biblioteca con motivo do Día de San Valentín

20060214104127-san-valentin.jpg

BOLETÍN Nº3 DA BIBLIOTECA DO MGB

A biblioteca do MGB ven de publicar o seu boletín nº3, onde se recollen as actividades propostas para o día da Paz.

ACTIVIDADES DÍA DA PAZ

Con motivo do día da Paz, o vindeiro mércores 31 de xaneiro, a Biblioteca do MGB prepara unha serie de actividades para os alumnos de ESO. Descarga o programa en *.pdf dende aquí.

BOLETÍN Nº2 DA BIBLIOTECA DO MGB

A biblioteca do MGB vén de publicar o seu boletín nº2, onde se recomendan novos libros de lectura.

Logo Biblioteca

O logotipo da biblioteca MGB é unha invitación a “engancharse” á lectura. Representa a afección aos libros e o pracer que estes aportan a quen os le. Foi creado por Óscar Pintor Gil, alumno de 4º de ESO, gañador do concurso promovido desde a Biblioteca en colaboración con Xoán Xosé Pérez Viéitez, profesor de Educación Plástica e Visual.

Logo_biblio_mini
Distribuir contido