Lexislación

Lexislación de interese para o profesorado

Concurso de traslados de ámbito estatal

ORDE do 30 de outubro de 2014 pola que se convoca concurso de traslados  de ámbito estatal entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos  e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e  artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación  profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores  ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

Calendario Escolar, curso 2014/15

ORDE do 13 de xuño de 2014 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2014/15 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Plan Proxecta

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería, durante o curso escolar 2014/15.

Axudas para os libros de texto para o curso 2014-2015

ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.

Avaliación de diagnóstico curso 2013/14

O luns, 3 de febreiro de 2014 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 23 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao curso 2013/14.

Para ler o contido desta resolución, prema aquí.

Ampliación do prazo de participación no Plan Proxecta

Publícase no DOG do 27 de setembro a resolución pola cal se amplía o prazo para participar no Plan Proxecta ata o 7 de outubro. Para consultar a resolución completa prema aquí.

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado

No Diario Oficial de Galicia do venres 26 de xullo de 2013 publícase a ORDE pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2013.

Convocatoria do Plan Proxecta 2013/2014

No Diario Oficial de Galicia do 14 de xuño publícase a Orde pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes públicos para o curso 2013/2014.

Licenzas por formación do profesorado para o curso 13/14

No Diario Oficial de Galicia do venres 14 de xuño publicase a Orde pola que se convocan licenzas de formación para o profesorado correspondentes ao curso 2013/2014.

Calendario escolar curso 2013/2014

No DOG do xoves 6 de xuño publícase a Orde da Consellería de Educación pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2013/2014.

Axudas para adquisición de libros de texto curso 2013/2014

No DOG do venres 31 de maio publicouse a Orde de convocatoria das axudas para aquisición de libros de texto e demais materias para o curso 2013/2014.

Ampliación período de vixencia dos libros de texto

No DOG do xoves 30 de maio publicouse a Orde pola que se amplia a 6 anos o periodo de vixencia dos libros de texto e demais materiais curriculares.

Formación permanente do profesorado

No DOG do mércores 22 de maio publicase a Orde que regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro de actividades de formación permanente do profesorado en Galicia.

Convocatoria dos Premios Extraordinarios de Bacharelato curso 2012/13

No DOG do 30 de abril de 2013 publicouse a Orde de convocatoria dos Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2012/2013. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 7 de xuño.

Parámetros de Ponderación da fase específica PAU 2013

O Dirario Oficial de Galicia do luns 15 de abril publica a orde pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias no curso 2013/2014.

Distribuir contido