Complementarias

Presentación de cooperativas Depoemprende

O mércores 27 de xaneiro os alumnos da materia de Economía de 4º ESO B participaron no acto virtual organizado pola Deputación de Pontevedra dentro do Programa Depoemprende para a presentación das cooperativas escolares constituidas, Codourada e Docecuartos. Na súa exposición os alumnos explicaron o traballo desenvolvido: constitución, elección do nome, deseño do logotipo, organigrama e estatutos da cooperativa.

3.jpg

Campaña de distribución de froita fresca

Durante as dúas próximas semanas, do 25 de xaneiro ao 5 de febreiro, repartirase froita fresca de tempada, durante o 1º recreo, ao alumnado da ESO.

Esta iniciativa forma parte da campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.

FroitaFresca2021.png

VOAR

"Voar", é unha das actividades levadas a cabo no centro co gallo do 25/11/21, neste caso por alumn@s de Plástica e Música, en apoio ás mulleres e ós nenos maltratados pola violencia machista. Con este traballo queremos expresar e visibilizar a solidaridade da nosa comunidade con todas e cada unha das persoas que sufren por causa tan execrable".

Charla de Paco Bañobre ao alumnado de CTMA

O 22 de decembro, xusto antes das vacacións de nadal, tivemos o pracer de recibir a Paco Bañobre, biólogo e educador ambiental de ADEGA (Asoc. para a defensa ecolóxica de Galiza) que nos falou sobre a conservación do lobo na Galiza. Explicounos as súas caracteristicas, como identificalo e cal é a situación actual. Unha charla moi interesante!
lobo.jpg

Agasallo a Manuel Abelleira

Manuel Abelleira, ex alumno do centro, vén de recoller un pequeno agasallo dos profesores de Fundamentos da Arte e Antropoloxía para agradecerlle as charlas impartidas ao alumnado sobre a súa experiencia como arqueólogo en Exipto.

ManuelAbelleira.jpeg

A ROUPA NON TEN XÉNERO NO MGB

As redes sociais funcionan hoxe, 4 de novembro, para unha boa causa. A través delas xurdiu un movemento contra a homofobia e o sexismo que tenta que a mocidade se esqueza dos estereotipos e baixo o lema ‘A ROUPA NON TEN XÉNERO’ mobilizouse á xuventude en xeral a vestir con saia. O noso alumnado non podía ser menos e foron varios os e as que trouxeron esta indumentaria. NORABOA por ese éxito de convocatoria!!!!!!

Máis imaxes deste día nesta ligazón.

roupasenxenero.jpeg

Videoconferencia de 2º ESO con Marisol Soengas

Hoxe tivo lugar unha videoconferencia simultánea dos tres grupos de 2º ESO coa científica galega Marisol Soengas. Na actualidade Marisol é directora do CNIO (Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas) e vén de recibir a medalla "Fritz Anders 2019" pola súa contribución á investigación do melanoma e polos seus avances nos tratamentos deste tipo de tumor.

Agradecemos a súa xenerosidade e dispoñibilidade.

Nova_0.JPG

Despedida do alumnado de 2º de Bacharelato - Curso 2019-2020

O venres 10 de xuño tivo lugar, no patio do centro, a despedida ao alumnado de 2º de Bacharelato.

Na seguinte ligazón podedes acceder á galería de imaxes:

Despedida 2º Bac

Vídeo do alumnando, traballo coordinado polo profesor Xoán Xosé Pérez:

Parabéns a todas e todos!

Monstros a nós

Vídeo realizado pola profesora Marisa Otero sobre o breve que foi o curso e da resolución do confinamento.

Fin dunha etapa para o noso alumnado de 2º de Bacharelato

Realizada a avaliación final de 2º de Bacharelato, titularon 82 dos 87 alumnos/as matriculados este curso.

E acadaron Matricula de Honra, cos catro mellores expedientes: Nuria Sanmartín Figueira, María Mato Requeijo, Mencía Vidal Obelleiro e Ana Quintela Mato.

A todas e todos queremos trasmitirlle a nosa noraboa e os nosos mellores desexos na nova etapa que comezan.

En recordo dos tempo que pasaron no centro, a profesora Marisa Otero elaborou o seguinte video:

Nova en La Voz de Galicia.

Charla ABAU 2020 impartida polo profesor Augusto Otero

A próxima semana o profesor Augusto Otero impartirá unha charla destinada ao alumnado de 2º de Bacharelato: "ABAU 2020: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.

Planificáronse dúas sesións (co aforo limitado):

  • Xoves 11, ás 12:15h, en Usos Múltiples (prazas agotadas).
  • Venres 12, ás 12:15h, en Usos Múltiples (prazas agotadas).
  • Luns 15, ás 12:25, na Aula de 2º de Bacharelato C

O alumnado interesado en asistir deberá anotarse cubrindo un formulario que recibirán por correo electrónico.

ABAU 2020: Normativa e organización. Aspectos prácticos.

Na seguinte ligazón pódese acceder a toda a información que o alumnado debe coñecer sobre a normativa-organización que regula a ABAU e os seus aspectos máis prácticos:

PRESENTACION CHARLA ABAU 2020

Respectando todas as medidas de prevención establecidas, programaranse varias datas para a celebración presencial da charla impartida polo profesor Augusto Otero, en varias quendas e con aforo limitado. Informoremos nos próximo días.

RESISTIREMOS

A comunidade do IES MGB queremos dar un paso adiante e expresar o noso sentir, a nosa unión nestes momentos. Fundirnos con tantos seres xunt@s, unir as nosas voces, apoiarnos n@s nos@s, apoiarnos e que outr@s sintan que aquí estamos, que loitamos por resistir e que XUNT@S, UNID@S RESISTIREMOS!!!

A iniciativa na prensa:

Cantemos unid@s. Realicemos un video entre todas e todos!!

A iniciativa dos Departamentos de Música, e coa colaboración do Departamento de Educación Plástica, convidamos a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, persoal non docente, familias, ...) a participar na gravación dun vídeo.

Para saber máis pincha nesta ligazón.

Data límite para o envio dos vídeos: venres 10 de abril.

Obradoiro de Cyberseguridade do INCIBE

O pasado xoves 5 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas, tivo lugar no noso centro a xornada técnica "Espacios de ciberseguridad para estudiantes” que o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridad) está a realizar nalgúns centros de Galicia. Nesta xornada técnica estivo dirixida ao alumnado de bacharelato que cursa as materias de TIC I e TIC II e nela realizaron de xeito práctico e con exercicios reais como funcionan determinados aspectos da ciberseguridade. Estas xornadas son gratuitas, tanto para o centro como para os alumnos, e outorgaráselle un diploma de asistencia ao alumnado participante.

Dende o Departamento de Tecnoloxía, solicitante e coordinador desta xornada no noso centro, agradecer a Cristian, poñente enviado polo INCIBE, a boa dispoñibilidade e o amena, interesante e útil que resultou para o noso alumnado.

Coma sempre, na correspondente galería do Flickr do centro tedes imaxes do envento.

incibe.png
Distribuir contido