Complementarias
Reunión do Clube de Lectura o próximo martes 22
Enviado por Coordinación TIC o 17 Febreiro, 2022 - 18:15O martes 22 de febreiro reunímonos os grupos de Corredoiras e o de Autoestradas do clube de lectura.
Xantamos xuntos e despois quedamos con Usha e Jane Eyre.
Obradoiro de lettering na Biblioteca este venres!
Enviado por Coordinación TIC o 17 Febreiro, 2022 - 18:02O venres 18 de febreiro, no 1º recreo 2 alumnas do centro impartirán un obradoiro de lettering na biblioteca.
A esta técnica (non confundir coa Caligrafía ou a Tipografía) pódeselle denominar tamén Rotulación e poderiamos definila como "A arte de debuxar as letras".
Tivo o seu máximo esplendor nos anos 30-60 do pasado século. Hoxe en día é moi fácil que nos topemos con exemplos de Lettering nas marquesiñas dos bares, nas pizarras co menú do día ou en calquera outra peza promocional.
Estela Area-Gómez no 11F, "O día da muller e da nena na ciencia"
Enviado por Coordinación TIC o 13 Febreiro, 2022 - 23:35O alumnado de Física e Química e Bioloxía de 4º de ESO, a través do programa CONÓCELAS, tivo a sorte de coñecer de preto o día a día desta investigadora, que partiu da Coruña para estudar bioloxía en Compostela, logo cursar o seu mestrado en Madrid e saltar ata a universidade de Columbia en Nova York, onde puido satisfacer a súa ansia de coñecer os mecanismos de funcionamento do cerebro e todo o relacionado co Alzhéimer e o ELA.
Alegrámonos de que Estela se atope de novo na casa, traballando en Madrid no CIB.
Grazas Estela polo teu traballo a prol da saúde de todas e todos.
Videoconferencia con Clara Leboreiro Babé
Enviado por Coordinación TIC o 9 Febreiro, 2022 - 17:59Na xornada do 9 de Febreiro, o alumnado de Química e Bioloxía de 2BAC compartimos a enerxía e as ganas de investigar desta científica natural de Vigo e afincada en Londres. Este acto desenvólvese dentro das actividades do Día Internacional da muller e a nena na ciencia, que a través do programa CONÓCELAS, organiza ASEICA, asociación coordinada pola tamén galega Marisol Soengas, creada para divulgar a actividade científica e promover a participación das mulleres no traballo investigador.
Clara explicounos o seu proxecto de mestrado, centrado nas células CAR-T, que tamén son en ocasións referidas como un tipo de terapia xénica celular. Isto é debido a que involucran a alteración dos xenes dentro das células T para axudar a combater o cancro. Agradecemos a Clara o seu tempo, así como o seu esforzo por mellorar as vidas dos e das doentes.
Odisea 2022 no MGB
Enviado por Coordinación TIC o 9 Febreiro, 2022 - 17:24Non chegamos ao desempate pero no MGB tamén temos campións. Hoxe, no 1º recreo, tivemos a entrega de premios de Odisea na MeGaBiblio.
Estes foron os equipos e alumnos premiados:
1º PREMIO - AS MERETRICES - 2BAC-C
- FERNÁNDEZ LUSTRES, SOFÍA
- LUEIRO PEREIRA, SALETA
- OTERO ABEIJÓN, ZAIRA
2º PREMIO - PAQUITAS CHOCOLATERAS - 1BAC-B
- MARTÍNEZ BUSTELO, PAULA
- ESPIÑO MÍGUEZ, LAURA
- MONTERO RAMOS, ARACELI
3º PREMIO - LA OLIMPYADA - 3ESOA-C
- VIGO TATO, MÍRIAM
- VIEITES PEDROSO, ROBERTO
- CARBALLO VÁZQUEZ, AROA
Obradoiro para 4º ESO
Enviado por Coordinación TIC o 3 Febreiro, 2022 - 09:54Exposición sobre a Shoá no MGB
Enviado por Coordinación TIC o 31 Xaneiro, 2022 - 11:25O pasado 27 de xaniero, día da Shoá, que conmemora o aniversario da liberación do campo de exterminio de Austwich, púxose en marcha no MGB a exposición "¿Cómo fue humanamente posible?" cedida polo centro Yad Vashem de Xerusalén, que colabora co centro dende hai tempo, e coordinada pola profesora Ana Fernández, do Departamento de Xeografía e Historia.
No acto inaugural tivo lugar unha actuación musical a cargo do profesor Miguel Carbajal e a alumna Carlota Abalo, e unha serie de lecturas protagonizadas polos alumnos Saleta Lueiro, Paula Talquenca e Rubén Gestoso.
Podedes ler a crónica deste evento na Voz de Galicia e no Faro de Vigo.
Venres 14: Charla en Usos Múltiples: "O mundo na túa cabeza"
Enviado por Coordinación TIC o 12 Xaneiro, 2022 - 18:36O vindeiro venres 14 de xaneiro a 3ª e 4ª horas o alumnado de 2º BAC A e B terá unha charla de divulgación científica en Usos Múltiples a cargo de Casto Rivadulla ("O mundo na túa cabeza").
Outras actividades do Día contra a Violencia de Xénero
Enviado por Coordinación TIC o 21 Decembro, 2021 - 12:33O pasado 25 de novembro o alumnado de Música de 2º Bacharelato relizou unha actuación para os seus compañeiros de 2º ESO e 1º Bacharelato. Este é o vídeo do evento subido ao noso canal de Youtube:
Xornada de patinaxe no MGB
Enviado por Coordinación TIC o 21 Decembro, 2021 - 09:51O pasado venres 17 de decembro, tivemos o honor de compartir a xornada co clube de patinaxe A Estrada, a quen agradecemos a súa colaboración co programa EduSaúde do MGB.
A adestradora, a delegada do clube, 1 patinador e 3 patinadoras, unha delas alumna do MGB, acudiron na hora de EF de 4°B a poñer en práctica co alumnado algúns exercicios do quecemento deste deporte.
No 1° recreo quen o desexou puido disfrutar da exhibición de patinaxe artístico que realizaron no pavillón.
Na imaxe podemos ver a Natalia Campos, 4°B, na exhibición de patinaxe artístico no recreo.
Día contra a Violencia de Xénero:
Enviado por Coordinación TIC o 25 Novembro, 2021 - 11:54Hoxe, para conmemorar o Día contra a violencia de xénero, o Equipo de Normalización ten preparadas as seguintes actividades:
- Mesas nos recreos para pintar as unllas de violeta.
- Performances dirixidas pola profesora Norma coas alumnas de segundo de ESO no patio cuberto.
- Tarxetas para colocar nun lugar visible.
- Unha montaxe cunha simboloxía relacionada coa violencia nas relacións da nosa xuventude no pasillo da planta baixa, cunha tríade que se repite ao longo da parede, formada por 3 elementos que teñen inscrita unha palabra dentro:
- a bolboreta leva dentro respecto porque a bolboreta é un insecto delicado ao que hai que coidar como hai que coidar que una relación se basee no respecto entre ámbolos dous membros da parella
- o paxaro leva inserta a palabra liberdade, non é posible vivir nunha relación na que non haxa liberdade para ser ti mesmo ou ti mesma (o paxaro é, tradicionalmete, símbolo da liberdade)
- o corazón leva a palabra amor e está en último lugar porque non poder haber un amor sano sen respecto e liberdade
Por outra parte o alumnado de Música de 2º de BAC, coordinado por María Varela, ten preparada unha actividade (lectura de textos, cancións...) en Usos Múltiples a 5ª (2ESOA e 1BACB) e 6ª hora (2ESOA, 2ESOC)
Mes da ciencia en galego na MeGaBiblio
Enviado por Coordinación TIC o 18 Novembro, 2021 - 11:27Este mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego cunha selecta de libros da nosa MeGaBiblio, comentaos e agrupados por materias:
- Xeral, Ecoloxía-Ciencias da Terra, Matemáticas, Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía, Astronomía e Tecnoloxía-Informática.
Podes vela nesta presentación de Genially!
Promoción de actividades deportivas extraescolares con Marcos Otero
Enviado por Coordinación TIC o 29 Outubro, 2021 - 10:46O xoves 28 de outubro o alumnado de 1º de bacharelato, dentro da clase de educación física, contou coa visita do adestrador do Clube Atletismo A Estrada, Marcos Otero.
Esta actividade enmarcase dentro das propostas do departamento de EF para a promoción da actividade física saudable no noso alumnado, a colaboración dos clubes e entidades deportivas do Concello co Reto Activo MGB e unha das iniciativas dos Plan Proxecta e o CPInova que se desenvolven este curso no noso centro. Estes proxecto de innovación educativa pretenden promocionar estilos de vida activos e saludables no alumnado, dando a coñecendo as múltiples posibilidades de práctica de actividades físicas e deportivas na súa contorna, coa idea de que todo movemento suma saúde.
A actividade resultou moi positiva, grazas á experiencia de Marcos, que presentou a práctica do atletismo coma unha alternativa de ocio activo e saudable, tentando deixar a un lado os prexuizos que poida ter o alumnado sobre a necesidade de "ser bo" para practicar deporte nos clubes deportivos.
Dende o departamento de educación física gustaríanos felicitar a Marcos polo seu traballo e agradecer a súa colaboración co centro na promoción da actividade física e a saúde.
Máis fotos neste album de Flickr
Despedida do alumando de 2º Bacharelato - Curso 2020-2021
Enviado por admin o 16 Xuño, 2021 - 16:19O sábado 12 de xuño tivo lugar, no patio do centro, a despedida ao alumnado de 2º de Bacharelato.
Na seguinte ligazón podedes acceder á galería de imaxes:
Vídeo do alumnando, traballo coordinado polo profesor Xoán Xosé Pérez:
Vídeo elaborado pola profesora Marisa Otero o paso polo instituto do alumnado que agora despedimos:
Contido da charla da ABAU 2021
Enviado por admin o 24 Maio, 2021 - 22:54Logo das charlas impartidas polo profesor Augusto Otero para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2021, adxuntamos a presentación do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »