Extraescolares

Inscrición viaxe á neve ANDORRA 2017

Todos aqueles alumnos de 1º e 2º de Bacharelato interesados na viaxe a Andorra poden apuntarse cubrindo este formulario. Tendes de prazo ata este venres. Os detalles da viaxe podedes atopalos neste documento en *.pdf.

Actuación musical no CEIP Os Tilos

Mañá venres 27 de maio o alumnado da materia de Música de 4° de ESO e 2° de Bacharelato realizará unha actuación musical no CEIP  Os Tilos, no concello de Teo.

Saída ao río Ulla

O martes 24 de maio o alumnado de 4º de ESO de Bioloxía e Xeoloxía visitará distintas localizacións no río Ulla co fin de realizar un vídeo sobre a etioloxía do salmón e a relación co medio. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do programa "ATLANTIC SALMON CONSERVATION SCHOOLS NETWORK", baixo o amparo do programa Erasmus+ da Unión Europea.

Estarán acompañados pol@s profesor@s Magaly Barreiro e Suso Iglesias.

ndice.jpeg

Visita do alumnado de 1º de ESO ao Museo de Historia Natural da USC

O vindeiro venres 20 de maio o alumnado de 1º de ESO visitará o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela e fará un estudo de árbores no parque que rodea o museo. Estarán acompañados pol@s profesor@s Loly Castro, Mª José Parcero, Regina Puente e Ramón Aller.

museo-con-logo-reducida.jpg

Festival de Teatro Grecolatino

O vindeiro mércores 13 de abril alumnado de Latín, Grego e Cultura Clásica de 3º e 4º de ESO e Bacharelato viaxará a Ourense ao Festival de Teatro Grecolatino no que asistirán ás seguintes representacións teatrais: Euménides de Esquilo e Gemelos de Plauto (Grupo Noite Bohemia, A Coruña). Estarán acompañados por Álvaro Pérez, Beatriz Mera, Miguel Bugallo e Teresa Filloy.

Visita a Sargadelos e á Escola de Arte Mestre Mateo

Mañá martes 12 de abril alumnado de Educación Plástica de 4º de ESO e de 1º e 2º do Bacharelato de Artes visitarán a fábrica de Sargadelos en Sada e a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo en Santiago de Compostela. Estarán acompañados pol@s profesor@s Pilar Tabarés e Xoán Xosé Pérez.

Roteiro da Esmorga

O vindeiro xoves 31 de marzo alumnado de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e da materia de Literatura do Século XX e da Actualidade de 2º de Bacharelato realizarán o Roteiro da Esmorga no concello de Ourense e visitarán a Casa-museo Otero Pedrayo en Trasalba. Sairán do centro ás 9:00 e voltarán sobre as 20:00.

Saída didáctica ao parque eólico de Sotavento e ao MUNCYT

O vindeiro martes 29 de marzo o Departamento de Tecnoloxía organiza unha saída didáctica co alumnado de 2º de ESO. Pola mañá visitarase o Parque eólico didáctico-experimental de Sotavento (Xermade - Lugo) e pola tarde realizarán unha xincana guiada polo MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía - A Coruña).

Visita cultural a Madrid

Alumn@s de 4º de ESO do noso centro viaxarán do día 29 de marzo ao 2 de abril a Madrid. Visitarán o Museo del Prado, o Museo-Casa Sorolla, o Parque do Retiro e o  Parque de Atraccións entre outras cousas. Ademáis coñecerán El Escoral e Segovia e asistirán a unha representación teatral.

Estarán acompañados polas profesoras Beatriz Mera, Esther Sánchez e Teresa Filloy.

madrid_se_merece_un_mapa_de_adjetivos_8639_630x.jpg

Mural no CEIP Pérez Viondi

O pasado mércores 16 de marzo o alumnado de 2º de Bacharelato de Artes acudiu ao CEIP Pérez Viondi a complementar, coa técnica do estarcido, un mural que xa fora antes pintado polo colectivo cultural A Estación.

O deseño é de Natalia Liste, pero foi levado a cabo coa axuda de todo o alumnado do Bacharelato de Artes.

O traballo foi organizado polos Equipos de Normalización Lingüística dos dous centros educativos.

Máis información no blog e no Faro de Vigo.

20160316_112431.jpg

Vídeo de Andorra 2016

Aquí tedes o vídeo da viaxe realizada á estación de esquí andorrana de GrandValira o pasado mes de xaneiro, polos alumnos de 1º e 2º de BAC.

Viaxe cultural á cidade de Porto

Alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato participará os vindeiros días 29 e 30 de xaneiro (venres e sábado) nunha viaxe á cidade de Porto organizada polo departamento de Música. Realizarán un curso de Creatividade Musical na Fundación Serralves e participarán nun Workshop na Casa da Música incluido dentro do programa "Músico por un día". Estarán acompañad@s polas profesoras María Varela, Beatriz Mera e Esther Sánchez.

casa-da-musica.jpg

Viaxe a Andorra

Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato viaxará a Andorra, á estación de esquí Soldeu-El Tarter, do día 23 ao 30 de xaneiro. Estarán acompañados polos profesores Álvaro Pérez, Juan Gago e Lourenzo Álvarez.

Boa viaxe!

Esqui.jpg

Campo a Través Escolar

Varios/as alumnos/as do Centro acadaron primeiros, segundos e terceiros postos en distintas categorías no "Campionato de Campo a Través Escolar". Noraboa a todos eles. Toda a información no Faro de Vigo.

Campionato de Campo a Través

Alumnado de 1º e 2º de ESO participará o vindeiro xoves 3 de decembro no "Campionato de Campo a Través" que terá lugar na praia fluvial da Estrada. Trátase dunha actividade organizada pola Xunta de Galicia dentro do programa de "Deporte en Idade Escolar". Estarán acompañad@s polos profesores do centro Juan Gago e Ramón Aller.

Distribuir contido