Avaliación de diagnóstico nos centros educativos

Resolución pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos correspondente ao ano 2009.

Coñece a historia do MGB

O Instituto actual de Ensino Secundario "Manuel García Barros" da Estrada tivo varias ubicacións anteriores e foi coñecido por nomes distintos ao de hoxe. Nalgunha delas seguramente estudaron os vosos país, tíos e incluso avós! 

Na Estrada houbo un Instituto na República, resistiu á Guerra Civíl e cando rematou pasou por varios edificios e recibiu distintas denominacións antes da actual. 

Seguro que che resulta moi interesante coñecer a súa historia: coñecer os distintos emplazamentos que tiveron, os distintos directores, asignaturas que se estudaban antes, os profesores que as impartían...

Só tes que facer click aquí!

 

Partido de fútbol no instituto nos anos 70

Actúas con nós? O teatro no MGB

O MGB pode presumir dunha extraordinaria traxectoria teatral. Ao longo de corenta anos diferentes grupos de alumnos viviron a experiencia de lucirse sobre o escenario, traballando en grupo. Esta iniciativa continúa aínda hoxe, levando ós nosos actores a obter premios de carácter nacional. Queres coñecer as obras que marcaron a vida de todos estes alumnos, e que fixeron e seguen facendo historia? Agora podes ler cómo foi o nacemento da actividade teatral no MGB, unha entrevista coa súa iniciadora Charo Bellot, e atopar algunhas das mellores fotografías de todas as obras que se representaron.

 

teatro

Charla sobre a Selectividade

Nos documentos adxuntos seguintes poderás consultar o contido da charla, organizada e impartida polo Departamento de Orientación, sobre a realidade e normativa vixente do exame de Selectividade, o día 26 de maio de 2009:
  • Información sobre calendario, horario, códigos, cabeceiras e pegatinas (.odp) (.pdf)
  • Resumo da Orde do 28 de xaneiro de 2009 (.odp) (.pdf)

Proxecto Ríos

Hoxe luns 25 de maio os/as alumnos/as de 4º ESO foron ao río Liñares para facer unhas mostraxes dentro das actividades do Proxecto Ríos.

Conferencia sobre o "Plan Bolonia"

Lembrade que o xoves 28 de Maio terá lugar a conferencia da Universidade de Santiago de Compostela sobre graos, carreiras e Plan Bolonia en xeral para os pais/nais/titores legais de alumnos
  • Hora: 20.00
  • Lugar: IES Manuel García Barros

Terceira sesión da escola da familia

O mércores 27 de maio ás 20:15 h. terá lugar a terceira sesión das escolas de Familia para nais/pais con fillos en Secundaria.

  • Lugar: Salón de Plenos do Concello
  • Tema: COMO AUMENTAR A AUTOESTIMA DOS NOSOS FILLOS

Gustache a poesía e queres coñecer a duas poetas galegas?

Nesta páxina poderás ver unha entrevista a duas poetas galegas María Neves Soutelo Vázquez e Fátima Antía Otero, feita por duas alumnas  de 4º de ESO do MGB: Helena Vilar Rebolo e Marta Rodríguez Castro, o día 27 de Marzo do 2009 

Consello escolar extraordinario

Convócase Consello Escolar Extraordinario para o vindeiro martes, 26 de maio de 2009, ás 12:35 horas. Premer aquí para ver a orde do día.

Queres coñecer os grupos do MGB?

Gustache a música?, na web do MGB ofrecémosche información de grupos que tocan no Manuel García Barros, con estilos que van dende o folk ata o thrash metal. Sen música a vida sería un erro xa que a musica é a verdadeira linguaxe universal, a que esperas para entrar?

Grupos:  

Música

Nova representación de Dormes?

O vindeiro xoves 4 de xuño representaráse de novo a obra do Taller de Expresión Artística do MGB, Dormes?. Nesta ocasión será no Teatro Principal de Santiago ás 19: 30 horas onde estará tamén o xurado dos premios de teatro Buero. Podes descargar dende aquí toda a información sobre esta gala autonómica, onde ademais da representación da obra gañadora terá lugar a entrega dos diferentes premios e mencións a nivel autonómico. Recordamos que Dormes? foi a gañadora en Galicia na categoría de centros educativos e recibiu ademais a mención especial á escenografía.

* Autor da imaxe: Xoque Carbajal

ESCOLAR GALICIA_Citar Autor Xoque Carbajal.jpg

Consello Escolar extraordinario

Convócase consello escolar extraordinario para o vindeiro 26 de maio, ás 12:25 horas. Premer aquí para ver a orde do día.

Claustro extraordinario

Convócase claustro extraordinario para o vindeiro 26 de maio, ás 10:25 horas. Premer aquí para ver a orde do día.

Títulos da ESO e de BACHAREL

Xa están na secretaria deste centro os títulos da ESO e de BACHAREL correspondentes aos / as alumnos/as que remataron no curso 2006-07. Poden pasar a recollelos, ben eles ben un familiar directo (pai, nai, irmán...), en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Novo premio para Dormes?

O Taller de Expresión Artística do MGB coa súa obra Dormes? obtén un novo premio. Ademáis de gañar a Fase Autonómica dos premios de teatro Buero Vallejo, acaban de concederlle a Mención Especial á Mellor Escenografía. Parabéns a todos outra vez

Distribuir contido