NOVAS FP Datas importantes
DATAS IMPORTANTES 2024! Admisión a ciclos formativos 2024
TAXAS TÍTULOS DE TÉCNICA/O DE GRAO MEDIO E TÉCNICA/O DE GRAO SUPERIOR
O alumnado que aprobou con proposta de título deberá aboar as taxas para a obtención do título de Técnica/o de Grao Medio ou Superior.
Os importes das taxas do título de Técnica/o de Grao Medio son as seguintes:
- Taxa normal - 22,07 €
- Taxa familia numerosa de categoría xeral - 11,06 €
- Taxa familia numerosa de categoría especial - 0 €
Os importes das taxas do título de Técnica/o de Grao Superior son as seguintes:
- Taxa normal - 54,00 €
- Taxa familia numerosa de categoría xeral - 27,03 €
- Taxa familia numerosa de categoría especial - 0 €
O pago destas taxas pode facerse de dúas formas:
Presencialmente:*Non facer o pago ata o venres, 23 de xuño (ver os horarios das entidades bancarias para realizar pagos). Recoller na secretaría do centro o “Impreso de autoliquidación de taxas” e cumprimentalo.
Unha vez selado polo banco ou entidade colaboradora, debe presentarse na secretaría do centro xunto coa fotocopia do DNI e, se aplicaches redución por familia numerosa, o libro de familia numerosa (actualizado) e unha fotocopia del.
Deberanse entregar na secretaría do centro dúas copias (unha delas devolverase selada como comprobante) do resgardo de ter realizado o pagamento.
MOI IMPORTANTE:Non pagar as taxas sen antes asegurarvos que titulades.
Telemáticamente: O pago debe facerse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia, Podedes acceder a un Manual para o usuario.
Os pasos principais:Cidadáns / Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa / Acceso libre ao servizo (cadeado aberto) / Iniciar taxa / Introducir os datos da taxa segundo se indica nos documentos que se atopan ao final desta páxina / Continuar.
Unha vez feito o pago telemático, deberase retroceder ao apartado Cidadáns – Pago de taxas e prezos – Operacións realizadas e imprimir en PDF o modelo 730 ->731 xunto coa fotocopia do DNI, coa fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación.
IMPORTANTE: Indicar que unha vez feito o pago e antes da descarga do MODELO 730, a aplicación xerará un “RECIBO DO PAGO CON TARXETA”. En ningún caso este recibo será xustificante de pago de taxas para presentalo no centro. Cos datos deste recibo, terá que volver á aplicación e xerar o MODELO 730-> 731, que será o que se entregará.
Se necesitades axuda non dubidedes en preguntar no centro.