ACCESO Á UNIVERSIDADE
Ola a todos e todas!, está a saír toda a información para o acceso á universidade. Vos vou ir incorporando a información máis relevante.
Os que estedes interesados en presentarvos as probas para persoas con título de Técnico superior, e que teades algunha circunstancia que conleve unha adaptación das probas polas circunstancias persoais, necesito que vos poñades en contacto conmigo.
Quedo a vosa disposición!
Ola a todas e todos, achego unha presentación para axudavos neste momento no que rematamos o BACHARELATO
NORABOA!!!
Accede a presentación: O TÍTULO DE BAC: Solicitude e matrícula na ABAU.
SEGUNDO AS COMISIÓNS DELEGADAS , O ALUMANDO DO IES LUÍS SEOANE DESENVOLVERÁ AS PROBAS DA ABAU 24 NA FACULTADE DE COMUNICACIÓN. CAMPUS XUNQUEIRA, PONTEVEDRA.
Máis info en: https://ciug.gal/gal/abau
Todo o alumnado de 2º de CS de FP que desexe presentarse a parte voluntaria da ABAU 2024, deberá solicitar ao centro o traslado de expediente a CIUG, e matricularse polo cauce de matrícula anticipada segundo se recolle na convocatoria (en NERTA), cubrir o impreso e pagar as tasas.
Vos deixo a continuación os enlaces directos.
Convocatoria (página 4): convocatoria
Instruccións FP: ABAU FP
Impreso FP: Impreso
Tasas FP: Tasas FP
Debedes facela matrícula anticipada antes del 25 de mayo 2024.
Un saúdo,NOVA IMPORTANTE!!!
INFÓRMASE QUE:
Para a admisión no Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte é requisito previo a superación dunha proba física, que recibe cualificación de Apto/Non apto. Ata o de agora, a Universidade de Vigo recoñecía o resultado da proba da Universidade da Coruña, pero non se daba reciprocidade. Para a admisión do próximo curso, os resultados das probas físicas levadas a cabo por ambas universidades na ABAU 2024 serán recoñecidos en todo o Sistema Universitario Galego (SUG).
o Presidente da CIUG.
Probas de acceso ó grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na UNIVERSIDADE DA CORUÑA 2024/2025
Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na universidade de A Coruña, para o curso 2024-25:DATAS DAS PROBAS: 13 de Abril de 2024 E 18 de Xuño de 2024.O apto nestas probas mantense ata o curso 2025-2026 e 2026/2027 incluído este.PRAZO DE MATRÍCULA NAS PROBAS:
Para convocatoria de abril: Ata o 12 de marzo de 2024 ás 14,00h.Para a convocatoria de xuño: Do 25 de abril ao 28 de maio de 2024 ás 14,00h.TAXAS DE EXAME:63,67 euros máis 6 euros en concepto de seguro de accidentes. O pago dos dereitos de exame permite presentarse ás dúas convocatorias. En caso de presentarse de novo á 2ª convocatoria haberá que aboar de novo o seguro de accidentes.
EXENTOS DAS PROBAS:
Deportistas de alto nivel.LUGAR DE EXAME:Na Facultade de C.C do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, sita na Avda. Ernesto Che Guevara, 121, OleirosINSCRICIÓN E INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS:Para efectuar a matrícula nas Probas Específicas de Admisión deberá cubrirse o formulario online de inscrición, e entregar na Secretaría do Centro os documentos que se indican nas instrucións para a inscrición. Enlace á web onde atoparás información sobre:EN QUE CONSISTEN AS PROBAS:Bloque 1: Proba de adaptación ao medio acuático
Bloque 2. (elixir unha entre as tres seguintes):
- Proba de axilidade no chan
- Proba de carreira de obstáculos
- Proba de axilidade co balón
Bloque 3: Proba de resistencia cíclica
VÍDEOS EXPLICATIVOS DAS PROBAS:Probas de acceso ó grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo 2023-2024
Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na universidade de Vigo, para o curso 2023-2024:REQUISITOS PARA PODER PRESENTARSE:Haberá que estar en condicións de acceder a universidade como, persoas con título universitario, con título de formación profesional, persoas que superen a proba de acceso para maiores de 25 anos ou de 45 anos, ter superada a ABAU en anos anteriores ao actual ou superar a ABAU na próxima convocatoria para iniciar os estudos no curso 2023/2024.DATAS DAS PROBAS:1ª data: 15 de xuño 20232ª data: 20 de xuño 2023As persoas non cualificadas como aptas na primeira data ou que non se presentasen por calquera circunstancia, poderán realizar as probas na segunda data.PRAZO DE MATRÍCULA NAS PROBAS:Do 15 de marzo ao 11 de abril de 2023.TAXAS DE EXAME:63,67 euros máis 6 euros en concepto de seguro de accidentes.LUGAR DE EXAME:As probas de aptitude terán lugar nas instalacións deportivas da FCCED (Campus de Pontevedra, A Xunqueira, s/n 36005), agás as probas de natación que terán lugar na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Estadio da Xuventude).
Precísase certificado de discapacidade con recoñecemento igual ou superior ó 33%.
PERSOAS CON DISCAPACIDADE:
Poderase adaptar tanto as probas como os protocolos e baremos das probas específicas.CONTIDOS DA PROBA:VÍDEO EXPLICATIVO DAS PROBAS: