Admisión de Alumnos
AÍNDA QUEDAN PRAZAS PARA A FP DUAL
Aínda quedan prazas para este ciclo de FP Dual!!!
Queres acceder a un posto de traballo capacitado? Con este ciclo medio poderás aprender dunha forma práctica e completa todo o necesario para ocupar un posto de reponsabilidade nun supermercado.
Ademais o 50% do tempo consiste en prácticas remuneradas.
Chámanos e aproveita esta oportunidade!
986857700
ies.luis.seoane@edu.xunta.gal
FP DUAL COMERCIO PRODUTOS ALIMENTARIOS
O Ciclo de FP DUAL de COMERCIO DE PRODUTOS ALIMENTARIOS representa unha oportunidade para acceder a un posto de traballo capacitado nos principais supermercados de Galicia. A tasa de inserción laboral é superior ao 78%, e aínda quedan prazas libres para este curso!
Trátase dunha formación moi completa, impartida entre o IES Luís Seoane, O CIFP Carlos Oroza, e as propias empresas.
A metado do curso, tanto en primeiro como en segundo, o alumnado realiza práctica remuneradas no supermercado, adquirindo uha experiencia moi valiosa que completa a formación académica.
Se queres saber máis podes escribirnos a ies.luis.seoane@edu.xunta.gal
Matrícula ata o 5 de xullo.
PROCESO ADMISIÓN CICLOS
MATRÍCULA ALUMNADO QUE REPITE
NOTAS DE INTERESE PARA FP:
- O alumnado que deba repetir terá que solicitar praza en WEB, indicando a súa condición de repetidor, nos mesmos prazos que os novos solicitantes de praza.
- O alumnado de 2º curso CF Comercio Internacional e 2º curso CF Xestión de V. e Espazos Comerc. TERÁN HORARIO DE TARDE.
- Oferta Adultos Presencial DESAPARECE, só haberá oferta en ensino á Distancia.
MATRICULA PARA 2º CURSO CICLOS FP REX.ORDINARIO
A matrícula para 2º curso de Ciclos FP no RÉXIME ORDINARIO pode realizarse presentando o impreso (DESCARGAR AQUI) dende o día 23 de xuño ata o 5 de xullo de forma presencial.
Non esquecer adxuntar copia do pago de SEGURO ESCOLAR (agas maiores de 28 anos). Transferencia ou ingreso nunha o ficina ABANCA do Seg.Esc. 1,12€ : ES51-2080-5478-8830-4010-2812. Xuntar o xustificante.
No caso de alumnado que pase de ADMINISTRACIÓN E FINANZAS á ASISTENCIA Á DIRECCIÓN ou viceversa, a solicitude de admisión será co modelo ANEXO I
NOTA INFORMATIVA: Os grupos de 2º de Comercio Internacional e 2º Xestión de ventas terán, por falta de espazo, horario de tarde.
MATRICULA PARA 2º CURSO SÓ FCT-PROXECTO
MATRICULA PARA 1º CURSO REX.ORDINARIO, DISTANCIA E Ciclos FP DUAL
Seguirá os prazos que estableza o calendario publicado pol Servizo de FP da Consellería, e farase na apliación
- Ligazón do vídeo coas instrucións para cubrir a solicitude web: https://www.youtube.com/watch?v=TMRJTMi-xyY
- PDF instruccións para cubrir a solicitude web
Non esquecer o pago de SEGURO ESCOLAR (agas maiores de 28 anos). Transferencia ou ingreso nunha o ficina ABANCA do Seg.Esc. 1,12€ : ES51-2080-5478-8830-4010-2812.
ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS
- INSTRUCCIÓNS XERAIS ADMISIÓN: ORDINARIO-ADULTOS DUAL
CICLOS FORMATIVOS ADULTOS (DISTANCIA)
ITINERARIO DE MÓDULOS RECOMENDADO
CÓDIGOS DE MÓDULOS
PROCESO DE RESERVA E SOLICITUDE DE PRAZA ESO-BACH 2023-24
PERÍODO DE RESERVA DE PRAZA DE CENTROS ADSCRITOS: DO 15 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO
- TODO O ALUMNADO QUE FIXO RESERVA TEN PRAZA ASIGNADA (Publicación o 20/02/2023)
- XA NON PODERÁN FACER SOLICITUDE NOUTRO CENTRO SENÓN SE FIXO RENUNCIA PREVIA ANTES DO 28 DE FEBREIRO
PERÍODO DE SOLICITUDE DE PRAZA (cambio de centro): DO 1 AO 20 DE MARZO
LISTAXE DEFINITIVO DE ADMITIDOS (publicación o 15/05/2023)
A consulta de listaxes poderase facer só:
- Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
- Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.
Forma concreta para a súa impugnación (artigo 36):
“1. No caso de centros públicos, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
INFORMACIÓN DO PROXECTO EDUCATIVO E OUTROS DOCUMENTOS DE INTERESE
VACANTES (publicación 28/02/2023)
PRAZO MATRÍCULA:
O alumnado que resulta admitido deberá formalizar a matrícula do 25 de xuño ao 10 de xullo.
(Publicarase nesas data o calendario por cursos)
