Skip to Content

Actividades

Obradoiro de rAp

Obradoiro de Rap orientado a todo o alumnado do IES Lucus Augusti

Obxectivos: Reivindicar a igualdade de xénero

Desenvolver unha actividadde creativa e transversal: Música, Coeducación, Plástica, Lingua, Filosofía 

Datas: 17 de marzo a 15 de abril

   

A imposición da beleza

La imposición de la belleza

 

Sesión de Cineforum

‘La Imposición de la Belleza’, de Nadia Martín, é un documental sobre a maneira en que esta imposición incide na saúde física e mental das mulleres, unha ditadura da beleza que permanece presente na psique das mulleres e cómo elo afecta directamente a súa saúde. Conta con numerosas entrevistas a especialistas no tema, entre elas, inclúense reflexións de autoras expertas na materia. A perspectiva é interseccional a través de testemuñas de teóricas feministas, psicólogas, periodistas e activistas diversas que sofren as consecuencias de este mito cada día que xa nos noventa denunciaba Naomi Wolf.

Un mundo diversx

ArelasUn mundo DiversX, pretende ser unha ferramenta de traballo introductora á Diversidade afectivo-sexual e a convivencia en igualdade. Este vídeo foi realizado por Prince Vidal, un rapaz de ARELAS que acaba de rematar o ciclo superior de Ilustración. Desde ARELAS, asociación de familias de menores trans, traballan para que as crianzas e adolescentes trans non teñan que vivir agochadas ou finxindo ser persoas que non son. Ligazón Arelas

Sementado Igualdade

 

O Concello de Lugo, a través da Área de Cohesión Social, ven de presentar co gallo do "Día Internacional da Muller 2021" o libro "Sementamos Igualdade". 

Dirixido aos ámbitos familiar, educativo, institucional e da contorna social, recolle información respecto ao concepto de igualdade e ofrece microguías para fomentar a linguaxe igualitaria, recoñecer os mitos do amor romántico, e os síntomas dunha relación perigosa. 

Ám@me

Encontros Literarios do Club de Letras / Conferencia de Chis Oliveira Malvar e Amada Traba Díaz sobre a súa obra "Ám@me"

Alumnado de 4º ESO / 1º Bac

Álbum: Conferencias -> Ám@me

Towanda Rebels

"Towanda Rebels", unha iniciativa de comunicación de Teresa Lozano e Zua Méndez, abriu en O Vello Cárcere de Lugo o ciclo de Faladoiros Feministas, que promoven a Diputación e o foro Maruxa Mallo.

Alumnas de bacarelato do IES Lucus Augusti fixeronlles unha entrevista que será pubricada en "Radio Lucus"

Artigo de prensa

Álbum: Conferencias -> Towanda Rebels
Distribuir contido


by Dr. Radut