try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Blogue

Miscelánea- Lecturas, curtas, música, artículos

Pepa e Pepe

Conferencia de Carmen Ruíz Repullo sobre violencia de xénero. Unha escaleira cíclica invisible para a vítima ata chegar á indefensión

Engranaxes

"COGS" (Engranaxes) é unha curta que amosa a inercia do sistema que exclúe e inclúe de xeito predeterminado ás persoas. Unha metáfora da estructura social que dende a infancia favorece e discrimina cunha mensaxe final optimista das posibilidades de cambio.

A curtametraxe foi dirixida por Lauren Witz para a asociación AIME (unha ponte entre a Universidade e a escola secundaria).
Nesa ponte, hai dous carrís. Un de estudantes universitarios que fan o camiñoo ás escolas secundarias para ofrecer titoría gratuita.
En outro carril, dos autobuses escolares que viajxn aos campus universitarios cheos de estudantes de secundaria de 12-18 anos de idad que, ao chegar participan en talleres de tutoría.

Retrete Cabarete

Retrete CabareteOs artistazos de "Retrete Cabarete" estarán no local de "Ítaca" (Doutor Gasalla 18 baixo) o día 19 (ás18:30) e o 20 (ás 12:30 e ás 17h). Se non os vistes en directo, esta é a ocasión! Ademais, o sábado ás 16h e o domingo ás 10h impartirán un obradoiro sobre manipulación de globos.

 

 

trailer cabarete (GALEGO) from elretretededoriangray on Vimeo.

Non o sabes

A literatura é camaleónica, prégase as necesidades do lector para ir enchendo os furados que agochan os seus sentimentos, vai mudando obxectivos e relativiza a percepción atendendo a demanda das nosas emocións . Na proxección da curta de Rubén Riós produciuse un fenómeno de transmutación excepcional coa elección do tema “No lo sabes” de Fredi Leis, unha fermosísima canción de amor que muda a mensaxe para impregnarse coa trama do filme dun xeito tan perfecto que parece imposible que non nacera para converterse na banda sonora de “Vida”. Unha beleza cando menos con dúas caras, se é que non hai outras lecturas agochadas, que resulta emocionalmente demoledora.

 

Aulas I + I / sesión 4 II

Sesión 4 II do Proxecto Aulas I + I: Autoestima / Desexos.

Distribuir contido