try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Acceso a ESO e Bacharelato 2021

Presentación coa información para o acceso a ESO e ao Bacharelato

Fase 1

Dende o día 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), para a reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. (Anexo I). A solicitude debe ser única e deberá realizarse no centro no que o alumnado está matriculado no presente curso.

Os centros adscritos ao IES Lucus Augusti son CEIP Rosalía de Castro e CEIP A Ponte

Fase 2

Dende o 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2021/22 para aqueles/as alumnos/as de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no DOG. / e nas Ordes do 25 de xaneiro de 2017 DOG  e 18 de decembro de 2020 que as modifican DOG 

Tal como queda reflectido na dita Orde, a solicitude de admisión poderase presentar ata o 20 de marzo. Para tal fin, os proxenitores dispoñen dunha ferramenta informática a través da cal, se así o desexan, poderán cumprimentar e presentar as solicitudes de escolarización. Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial. Código ED550B (Anexo II)

A aplicación "admisionalumnado" posibilita que as familias cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Zonas de Escolarización 2021: ESO / Bacharelato 

Prazas Vacantes 2021/22 no IES Lucus Augusti

ESO

Curso Vacantes ANNEE Totais
66 15 81
1   1
19   19
23   23
      124

 

 

 

 

 

Bacharelato

Curso Ciencias HH/CCSS Totais
15 43 58
37 36 73
      131