Taboleiro

Exames setembro 2017

 

Entrega de notas

A entrega de notas realizarase o mércores 6 de setembro as 10:00 polo tutor correspondente

 

Datas dos exames de setembro de 2017

Erasmus+ Curso 2016-17

FCT EN ITALIA:

Dous alumnos do Ciclo Medio de Sistemas microinformáticos e redes están realizando as prácticas en empresa (FCT) en Italia, na empresa INTERLINEA de Forlí. O período de prácticas comezou o 11 de abril e prolongarase ata o 21 de xuño. Contan cunha beca Erasmus +, do proxecto "Europa. Next Station: Improving Professional Skills in Galicia" que coordina a Consellería de Educación e no que o Instituto IES ANTÓN LOSADA participa como socio. 

 

 FCT EN PORTUGAL:

Dous alumnos de Formación Profesional Básica, de Servizos administrativos e de Automoción (Operacións auxiliares de mantemento de vehículos), realizaron parte das prácticas en empresas en Portugal, na empresa Auto Pontinha da Várzea de Barcelos e na Cámara Municipal de Barcelos.

Xuntáronse en Portugal con máis  alumnado de Galicia, que realizou tamén alí as prácticas, e con estudantes de outros países europeos. Contaron coa axuda da súa profesora de inglés, Pilar Gato, que os acompañou para realizar as xestións nas empresas e na residencia de estudantes. 

Daniel Carbia Pazos, na empresa Auto Pontinha da Várzea.

 

Eva Cimadevila Amboage no Museo da Olaria, dependente da Cámara Municipal de Barcelos.

Tamén houbo algo de tempo para o lecer.

 

 

 

Convocatoria probas de acceso a ensinanzas deportivas curso 2017/18

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2017/18. (DOG nº112, 14 de xuño de 2017)

Axudas libros texto e material escolar curso 2017/18

ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario
de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material
escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación
secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.DOG (Nº96 do 22 de maio de 2017)

RECOLLIDA DE TÍTULOS

Comunicamos que poden pasar a recoller os Títulos dos estudos rematados no curso 2014/15.

Así mesmo lembramos que todos aqueles dos cursos anteriores que non os recolleran poderían facelo.

Probas libres obtención título de bacharel maiores de 20 anos

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba
para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.(DOG nº 28 xoves 9 de febreiro de 2017)

Probas libres obtención título graduado en ESO maiores de 18 anos

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas
para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para
maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan
instrucións para a súa realización.DOG (nº28 xoves 9 de febreiro de 2017)