O CORO IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ NO ENCONTRO MUSICAL DE SECUNDARIA 2019

O martes 30 de abril o coro do  IES Antón Losada participou na VIII edición do Encontro Musical de Alumnado de Secundaria que tivo lugar no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

O evento foi organizado pola Asociación de Profesorado de Música de Secundaria de Galicia (ASOMÚSICA)  contando coa colaboración do concello da cidade. No encontro, ademais do estradense, participaron 15 centros toda Galicia sumando máis de 500 rapaces e rapazas no no escenario. O coro do IES Antón Losada, formado por 30 persoas (alumnos e profes)  foi dirixido pola profesora Chelo Millán, interpretou as pezas:  Perfect, de Ed Sheeran e Cor esperanza, versión en galego da canción de Diego Torres

A xornada completouse con diversos obradoiros formativos nos que puideron participar os rapaces e rapaces integrantes do encontro. O Coro celebra o seu cuarto curso consecutivo de existencia, e leva participado en numerosas iniciativas musicais tanto dentro como fóra do centro educativo. É unha actividade promovida polo Departamento de Música do centro.