Biblioteca: instrucións e axuda do PLAMBE

Despois da relatica decepción que supuxeron as instrucións (pola súa nula efectividade) enviadas aos centros en relación coa Biblioteca Escolar para o curso 2013/2014 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pero que recomendamos para coñecer as funcións da Biblioteca, que podedes consultar desde o seguinte enlace: TEXTO das INSTRUCIÓNS hoxe recibimos a boa noticia (tendo en conta os recortes orzamentarios) de que se nos concederon 4.350 € dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares do 2012. Esa cantidade total distribúese do seguinte xeito: 900 € para fondos; 3.000 € para mobiliario e 450 € para gastos de funcionamento.

Estamos satisfeitos coa contía da axuda porque somos un dos catro centros educativos do PLAMBE 2012 que recibimos a máxima cantidade adxudicada. Ademais de permitirnos ofrecer mellores servizos á comunidade educativa, supón un recoñecemento ao traballo realizado no pasado curso, non só por parte do equipo, senón tamén polo resto do profesorado e o alumnado. Parabéns para todas e todos.