Skip to Content

Taboleiro

Quero voltar tranquila á casa

Este fermoso traballo, que está exposto nas depencias do noso centro, foi realizado para o 25N polas alumnas de debuxo artístico 1º de bacharelato: 

Lucía Puebla
Marta Lijó
Paula Martínez
Olenka Cruz
Quero voltar tranquila á casa

Que ninguén corte as túas ás!

Este fermoso traballo, que está exposto nas depencias do noso centro, foi realizado para o 25N polas alumnas de debuxo artístico 1º de bacharelato: 

Lucía Puebla

Marta Lijó

Paula Martínez

Olenka Cruz

 

Que ninguén corte as túas ás!

IES Leliadoura gañador Correlingua Santiago 2018

O alumnado do IES Leliadoura gañou o primer premio no Correlingua de Santiago 2018

NORABOA!!

 

 

 

IES Leliadoura gañador Correlingua Santiago 2018

Visitamos INDITEX

Este venres, día 27 de abril, viaxamos co alumnado de Administrativo á sede central do grupo galego Industria de Diseño Textil, S.A. (Inditex).  Poidemos ver in situ o despliegue loxístico co que contan e tamén comprobar como dende alí xestionan a moda de medio mundo.

Visitamos INDITEX

Rafting Leliadoura 2018

Este ano o alumnado de 2º foi a facer rafting ao Ulla, na excursión organizada polo departamento de Educación Física

Parece que o pasaron ben....

 

 

 

Rafting Leliadoura 2018

A triplista Ana Peleteiro Brión visitounos no IES Leliadoura

Emotivo encontro de Ana Peleteiro Brión co alumnado e profesorado do IES Leliadoura, que a veu converterse en campiona do mundo Júnior mentres cursaba bacharelato. Desta volta tróuxonos unha importante lección de vida, animándonos a alcanzar os nosos soños a través do esforzo e do traballo. Toda unha honra terche con nós, Ana!

Imaxe de Carmela Queijeiro recuperada de La Voz de Galicicia

 

A triplista Ana Peleteiro Brión visitounos no IES Leliadoura

Viaxe a Barcelona á Feira Internacional de empresas simuladas SEFED

O alumnado de segundo curso de Xestión Administrativa viaxou a Barcelona para participar, durante os días 14, 15 e 16 de marzo, na 13ª Feira Internacional de Empresas Simuladas 2018 que organiza a Fundació Inform para a rede de empresas simuladas SEFED e para todas as empresas

Viaxe a Barcelona á Feira Internacional de empresas simuladas SEFED

A importancia da comunicación no transito da etapa educativa á etapa laboral

 

O alumnado dos ciclos formativos de Administración e Informática acudiu á IV Xornada Xuventude e Emprego celebrada en Porto do Son a primeiros do mes de abril. Esta edición estivo dedicada ao emprendemento e as súas alternativas, destacando a importancia das habilidades comunicativas no ámbito persoal e profesional.

 

 

 

A importancia da comunicación no transito da etapa educativa á etapa laboral

Educando en valores. Banca Ética

Achegamos a banca ética ao alumnado de Administrativo.

Tendo en conta a gran importancia que teñen os temas transversais, tanto para o desenvolvemento integral e persoal do alumnado como para un proxecto de sociedade máis libre e respectuosa, tratamos na aula diversos temas. Desta volta tocoulle á banca ética.

 

Educando en valores. Banca Ética

Excursión do alumnado de Francés

Alumnado do IES Leliadoura de visita no Mont-Saint-Michel durante a excursión a Francia.

Excursión do alumnado de Francés
Distribuir contido


by Dr. Radut