Skip to Content

PROGRAMA EUSAÚDE

Nas dúas próximas semanas, o alumnado do Leliadoura vai ter a sorte de participar no programa EUSaúde (organizado pola Fundación Galega contra o Narotráfico co apoio da Xunta de Galicia-Vicepresidencia primeira, Consellería de Sanidade, Secretaría Xeral para o Deporte, Consellería de Educación e Obra Social La Caixa), cuxo obxectivo é promover hábitos saudables a través do deporte. Para isto, contan cunha exposición na biblioteca do centro de paneis informativos así como material gráfico para cada alumno/a nos que se explican conceptos como: Alimentación, actividade física, autoestima, mente positiva e motivación, conceptos de grande importancia para formar tanto adult@s sans como mellores persoas.
O colofón final virá da man dun ou dunha deportista galega, que acudirá ao centro para dar unha charla coa única intención de inculcar estes hábitos no alumnado.

Para obterdes máis información do programa, clicade no enlace: https://www.eusaude.es/

 

 

 

 

PROGRAMA EUSAÚDE


image | by Dr. Radut