Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Segundo a orde do 28 de outubro pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación secundaria obrigatoria en centros docentes públicos no curso 2021/22, o alumnado destinatario:

a) Non ten que presentar solicitude: se é beneficiario de axuda de material escolar no curso 2021/2022.

b) Ten que presentar solicitude: se non é beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 e cumpre algunha das seguintes condicións:

                    -Pertence a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros.

                     -Está matriculado en educación especial.

                     -Está suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

                     -Ten un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A solicitude unicamente se pode presentar de forma presencial no centro educativo no que estea matriculad@ o alumno ou alumna e estará dispoñible tanto no citado centro como no enderezo do portal educativo.

O prazo para solicitar as máscaras é do 15 ao 26 de novembro de 2021.

 

 



page | by Dr. Radut