Skip to Content

SAMAÍN NO LELIADOURA

É tempo de castañas e vaise achegando o frío, en breve os medos e os esconxuros han chegar ao Leliadoura, pero para iso precisamos da vosa colaboración. Consultade as bases dos dous concursos que o EDL ten preparados para vós; escaneade o código QR e iredes directamente ás instrucións do concurso de esconxuros e tamén ao de decoración de cabazas.

Por todo o centro, e tamén nas aulas, atoparedes os carteis que vos indican o que debedes facer. Se tedes algunha dúbida, podedes consultalas cos distintos membros do equipo ou cos e coas vos@s titores e titoras, pero non deixedes de participar xa que os premios son moi gorentosos.

 

 

SAMAÍN NO LELIADOURA


image | by Dr. Radut