Skip to Content

PROBAS DE NIVEL DE INGLÉS

A Consellería de Educación, na Resolución do 27 de maio, oferta a posibilidade de que nos centros se organicen probas de inglés para certificar o nivel B1, B2 ou C1 do alumnado de 4º de ESO e Bacharelato matriculado no curso 2021-2022. As probas correrían a cargo dunha empresa externa e non terían ningún custo para o alumnado que se matriculase nelas.

Tendo en conta que cada vez se require máis a certificación dun nivel de coñecemento dunha lingua estranxeira dentro do Marco Común  Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa, o IES Leliadoura ofrece ás familias poder participar nesta convocatoria.

Para poder facelo necesitamos ter unha lista do alumnado interesado, para o que nos deben facer chegar o antes posible, ben en persoa á secretaría do centro, ou ben por correo electrónico, un compromiso  das familias asinado. O modelo desta carta de compromiso pódese descargar nos seguintes enlaces:

Alumnado que vaia estar matriculado en 4º ESO no curso 2021-2022

Alumnado que vaia estar matriculado en 1º Bacharelato no curso 2021-2022.

Alumnado que vaia estar matriculado en 2º Bacharelato no curso 2021-2022.

AnexoTamaño
Carta Compromiso 4 ESO.odt119.82 KB
Carta compromiso 1 bach.odt132.54 KB
Carta Compromiso 2 bach.odt132.53 KB


page | by Dr. Radut