Skip to Content

SOLICITUDE DE NOVAS PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

Dende o 18 de xuño e ata o 15 de xullo ábrese o prazo para solicitar modificacións e / ou novas paradas de transporte escolar. Para iso, deberán entregar unha instancia debidamente cumprimentada onde indiquen a parada que desexan solicitar e entregala na Dirección do centro para tramitala ante a Xefatura Territorial. As citadas instancias deben traerse, como moi tarde, o 12 de xullo; do contrario o centro non disporía de tempo para preparalas e remitilas á Xefatura.

 



page | by Dr. Radut