Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2021

O mes das letras galegas rematou a finais de maio, pero quixemos facer tanto e o traballo foi tan intenso que non nos deu tempo a rematar, polo que tivemos que amplialo ata o mes de xuño. E é que Xela Arias pareceunos sinxelamente xenuína e o que parecía ía ser interesante acabou converténdose en fascinante. Malia ir un chisco xustas co currículo, puxémonos mans á obra e todos os cursos e grupos traballaron para que Xela tivera a súa máis que merecida homenaxe e é que celebrar tal efeméride como as Letras acabou converténdose no noso obxectivo principal.

Comezamos por organizar unha caza do tesouro, onde todo o alumnado de 1º a 4º ESO participou para intentar facerse co premio (chapas, lapis de Nikis con fermosas mensaxes en galego e degustación das galletas "Xianas").

A maiores, 2º ESO tamén traballou cunha das traducións máis coñecidas de Xela: O spleen de ParísClicade no título do libro e accederes ao vídeo.

1º de Bacharelato fixo unha selección de poemas dos distintos libros da autora e trataron, imitanto o que Xela e o seu marido realizaron no seu momento coa obra Tigres coma cabalos, unha interpretación a través da fotografía e deseños propios. Para poderdes ver o vídeo que resume o seu traballo, clicade aquí.

E para rematar, despois de estudar polo miúdo a súa vida, fixemos varios murais que distribuímos polos corredores do centro. Con isto pretendiamos darlle visibilidade ao noso traballo, así como ao percorrido vital e profesional de Xela Arias.

Observade as fotos, nelas veredes tamén @s gañador@s da caza do tesouro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2021


image | by Dr. Radut