Skip to Content

TALÍA E PELOS NA LINGUA

TALÍA E PELOS NA LINGUA

Rematou o mes de maio e, aínda que "a vella aínda queima o tallo", nós seguimos resistinto o frío e, axudados polo concello, puidemos asistir ao espectáculo da obra do grupo de teatro Talía, "Pelos na lingua".

É un pracer rir e reflexionar sobre os prexuízos que tanto mal lle fan á nosa lingua, aínda que sabemos que os actores e a actriz fixeron un sobreesforzo para falar de lingua coa máscara posta e nun pavillón onde a acústica non é sempre boa.

A súa representación puido levarse adiante grazas, unha vez máis, ao concello de Ribeira, que se encargou da coordinación por medio do Servizo de Nomalización, así como de custear a obra. Ademais, aínda nos agasallaron cun lote de libros entre os que non se esqueceron dos que homenaxean a Xela Arias. E todo isto para poñer o seu gran de area na celebración do 25 aniversario do centro. 

Agradecemos tamén a presenza da concelleira de Cultura e outras representantes do concello que nos acompañaron este día.

Velaí van as fotos que serven de testemuña: 

 

 

 

 

 

 

 



image | by Dr. Radut