Skip to Content

VICENTE MOHEDANO E "ORBITAMOS"

VICENTE MOHEDANO E "ORBITAMOS"

Dende o servizo de normalización do concello déronnos a posibilidade de acudir ao Auditorio da vila para asistir ao espectáculo de Vicente Mohedano, "Orbitamos". Unha fantástica mestura de ciencia e astronomía que gustou moito ao alumnado de 1º ESO e que participou activamente en todas as actividades.

Unha maneira máis de promover o uso da nosa lingua en actividades lúdicas, pero ao mesmo tempo didácticas.

Agradecemos ao servizo de normalización tal oportunidade e aproveitamos para pornos ao seu dispor no caso de que queira organizar algo máis. 

 

 

 

 

 

 

 

 



image | by Dr. Radut