Skip to Content

VISITA DE EVA MEJUTO

VISITA DE EVA MEJUTO

O mércores, 19 de maio, visitounos Eva Mejuto para falarnos do seu libro 22 segundos. Encantounos oíla falar do documental que viu un día por casualidade e que foi o xermolo do libro; documental, que por outra parte xa viramos no club de lectura, "O sexo sentido".  A partir de aí, as achegas do seu amigo Marcos foron fundamentais para obter coñecemento e información sobre as persoas que non se senten identificadas co xénero que lle outorgou a natureza. 

Tamén nos mencionou o importante da letra de "Peras y manzanas" que aparece ao final do documental e pediunos que a escoitaramos así como puideramos e sobre todo que teñamos en conta que debemos ter extrema empatía coas persoas transexuais.

O mellor de todo, que xa sabemos que vai haber unha segunda parte na que está traballando con moito anhelo, así que esperamos por ela.

 

 

 

 

 

 



image | by Dr. Radut