Skip to Content

25 ANIVERSARIO DO IES LELIADOURA

25 ANIVERSARIO DO IES LELIADOURA

E alá foron 25 anos dende que o centro pasou a formar parte da historia da vila de Ribeira. Anos intensos, de traballo continuo, de remodelacións, de acondicionamento dun edificio que quixemos se convertera nun lugar para a expresión da arte e dos sentimentos da comunidade que o integraba. Anos nos que unha morea de xeracións foron pasando e deixando a súa particular pegada e anos nos que o profesorado permaneceu nel ata a fin da súa vida laboral ou tivo que ir probar sorte noutros centros, pero non sen botar unha pequena bágoa na súa ida. 

Actividades diversas, festivais múltiples, excursións que permitiron levar o noso falar por boa parte do continente, celebración de datas conmemorativas e festas e romaxes de fin de de curso. Con todos estes recordos, cos testemuños de antig@s alumnas e alumnos e coa lectura colectiva da cantiga medieval que deu nome ao centro, o grupo de profesoras e profesores do IES Leliadoura quere agasallar a toda a comunidade a ao alumnado especialmente con este vídeo que fai un pequeno repaso destes 25 anos de singradura. 

Como dixo o noso gran Cunqueiro, "mil primaveras máis" para o Leliadoura.

Grazas a todos e todas pola vosa inestimable axuda e pola vosa presenza durante estes 25 anos.

Clicade na imaxe para ver o vídeo   

 

 



image | by Dr. Radut