Skip to Content

QUICO CADAVAL E REMATE FINAL DA SEMANA DO LIBRO

QUICO CADAVAL E REMATE FINAL DA SEMANA DO LIBRO

O departamento de Lingua Castelá e o de Plástica deron por rematadas as actividades realizadas co gallo da celebración do día do libro. Con moita ilusión, montaron un mural ambulante coas ilustracions e relatos realizados o curso pasado durante a pandemia e acabaron amosándollo á nosa visita estrela, Quico Cadaval. Este amenizounos durante unha horiña ben chea con relatos relacionados co Decamerón e o mundo dos mortos e rematou acudindo ao photocall do Quixote para facer unha fotografía.

El mesmo, Quico, entregou os agasallos ás mellores ilustracións, que foron:

          -1º PREMIO: María Fraga de 2º BACH

          -2º PREMIO: Laura González de 4º ESO

          -3º PREMIO: Paula Lijó de 4º ESO

                              Elena Gago de 4º ESO

                              Sara Martínez de 4º ESO

                              Carlos Puebla de 4º ESO

Mirade as fotos e, cando cheguedes á última, premede nela para ver todo o traballo realizado estes días polo alumnado.

 

 

 

 



image | by Dr. Radut