Skip to Content

SEMANA DO LIBRO

SEMANA DO LIBRO

Remata a semana do libro, pero o Leliadoura segue cos festexos e é que, como estamos de aniversario, ninguén nos impide seguir coa troula. Desta quenda, o Departamento de Lingua e Literatura Castelá realizou todas estas actividades:

No 1º ciclo:

-Realización de murais para decorar, referentes ao día do libro.

-Taller de escritura: creación colectiva de cadáveres exquisitos.

-Visionado de lectura colectiva de El Quijote a cargo do profesorado.

-Preparación do Photocall de Cervantes e El Quijote.

-Visionamento da peza teatral "En un lugar de el Quijote" por RON LALÁ.

No 2º ciclo:


-Taller de escritura: os traballos realizados exporanse na cortiza da aula.

 

No Bacharelato:

-Creación dunha campaña publicitaria de fomento da lectura a partir de viñetas de Forges.

-Visionamento de "Buscando a Cervantes. Los misterios de Cervantes".

-Preparación da exposición "Ilustrando o Decamerón" a partir dos traballos realizados polo alumnado durante o curso 19/20.

E para rematar a celebración, como actuación estrela, teremos a visita o vindeiro martes de Quico Cadaval do que esperamos unha fantástica narración oral. Pero, as fotos e o vídeo resumo de todas estas actividades verédelas a partir da semana que vén.

De momento non podedes deixar de ver o seguinte vídeo que o propio departamento realizou para conmemorar esta efeméride. Clicade na imaxe que pertence ao traballo realizado coas viñetas de Borges e poderedes visionalo.

 

 



image | by Dr. Radut