Skip to Content

O LELIADOURA ESTÁ DE ANIVERSARIO

O LELIADOURA ESTÁ DE ANIVERSARIO

Xa van alá 25 anos dende a súa apertura e unhas cantas promocións de alumnado que pasaron por este peculiar edificio en forma de ferradura. Foron elas e eles os que lle deron ese aire que humanizou o edificiou e o converteu nun lugar para o recordo. Por iso, tendo en conta que o curso está a ser un chisco atípico, a celebración non vai poder ser como a toda a comunidade educativa lle gustaría, mais iso non impide que vaiamos facendo pequenas cousiñas que nos recorden que estamos de festa.

Aquí tedes unhas fotos nas que nos congrutalamos pola colocación deste gran cartel na fronte do centro. Pouco a pouco, habemos ir contando todo aquilo que se vaia facendo, non vos perdades esta entrega por capítulos. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



image | by Dr. Radut