Skip to Content

BATÉATE

BATÉATE

No día de onte, visitounos o presidente da OPMEGA (Organización de Productores de Mexillón de Galicia) para, xunto coas encargadas da campaña Batéate, falarnos do oficio do sector do mexillón e tamén convidarnos a participar no concurso de fotografía e reportaxe audiovisual. O alumnado receptor desta campaña foi o de 4º ESO, mais non todo, porque un grupo atopábase nun obradoiro de educación afectivo-sexual e recibirán a información o vindeiro venres. 

Pero mellor que contalo, é velo e, como a TVG nos veu gravar, non tedes máis que clicar na imaxe para acceder ao vídeo do telexornal de onte ao mediodía. Ide ao minuto 10 para ver un avance e xa no minuto 50 poderedes ver as vosas entrevistas. A verdade é que falastes moi ben, todo un orgullo para nós.

 

 

 

 



image | by Dr. Radut