Skip to Content

VISITAMOS O GRUPO AMEGROVE: 40 ANOS DE COOPERATIVA

O 28 de marzo desprazámonos a AMEGROVE, no concello do Grove, que é unha cooperativa que cultiva o mexillón. Con 322 bateas, dúas depuradoras cunha capacidade de 230 Tm ao día e unha planta de cocción e procesado, comercializa para os mercados mais exixentes de toda Europa. O compromiso coa calidade esta avalado polo certificado Gestión ISO 9001, Freisd Of The Sea e Calidad y Seguridad Alimentaria FIS Food.

Todo o complicado proceso administrativo foi explicado de xeito moi claro e preciso polas administrativas de AMEGROVE, que nos contaron toda a tramitación, dende a petición do produto polos mercados mais exixentes até os permisos da Consellería do Mar para extraer o mexillón da batea, o control en peirao, o control en depuradora, o envasado, e o traslado en camión ou en tren. Todo isto para dar término no cobro do mexillón por parte dos 400 soci@s da Cooperativa AMEGROVE.

 

VISITAMOS O GRUPO AMEGROVE: 40 ANOS DE COOPERATIVA


image | by Dr. Radut