Plan do curso:

  • UD 1. A actividade científica (9 sesións, bloque 1). Obxectivos:

§  Coñecer as características esenciais do que se denomina procedemento científico.

§  Distinguir unha hipótese, como algo que pode someterse a proba experimental, dunha especulación.

§  Recoñecer os tipos de variables que interveñen nun experimento e controlar as variables para estudar o seu comportamento nun problema.

§  Recompilar datos en forma de táboas e representalos graficamente.

§  Relacionar matematicamente dúas variables en casos sinxelos.

§  Asimilar a estrutura da comunicación científica na elaboración de informes, posters e comunicacións.


  • UD 2. Propiedades da materia (9 sesións, bloque 2). Obxectivos:

§  Comprender as propiedades inherentes á materia. Entender o significado da masa como medida da inercia e da acción gravitatoria da materia.

§  Distinguir os conceptos de masa, peso e dimensión dun corpo.

§  Recoñecer as distintas escalas de observación e establecer comparacións segundo ordes de magnitude facendo uso da notación científica.

§  Valorar a importancia da medida e a necesidade de dispor de patróns ou unidades de medida.

§  Coñecer os símbolos que se utilizan para expresar magnitudes e unidades e coñecer o sistema internacional de unidades.

§  Distinguir os conceptos de volume e capacidade.

§  Comprender o concepto de densidade

                                                                                          
  • UD 3. Sistemas materiais (12 sesións, bloque 2). Obxectivos:

§  Establecer a relación entre os distintos estados da materia e as súas propiedades.

§  Interpretar as distintas propiedades dos estados de agregación

§  a partir de   a teoría cinético-molecular.

§  Xustificar os cambios de estado en base á teoría cinético-molecular.

§  Interpretar fenómenos cotiáns relacionados cos cambios de estado da materia.

§  Realizar unha gráfica de quecemento de forma experimental.

§  Diferenciar as mesturas homoxéneas das heteroxéneas.

§  Recoñecer o soluto e o disolvente de unha disolución.

§  Recoñecer a importancia das disolucións acuosas, as aleaciones e os coloides.

§  Calcular concentracións en porcentaxe en masa.

§  Preparar disolucións de concentración coñecida no laboratorio.

§  Propor métodos para separar os compoñentes dunha mestura.

§  Realizar unha tarefa de investigación sobre o proceso de obtención de sal nas salinas.

 

  • UD 4. Transformacións no Mundo Material: A enerxía (9 sesións, bloque 5) Obxectivos:

§  Distinguir os cambios físicos dos cambios químicos.

§  Identificar a enerxía como a capacidade de producir transformacións ou cambios.

§  Entender que a enerxía nin se crea nin se destrúe, senón que se transforma.

§  Identificar a calor e o traballo como axentes físicos que producen transformacións na materia.

§  Identificar as formas de enerxía en fenómenos cotiáns, e as súas transformacións dunhas noutras.

§  Recoñecer as fontes de enerxías renovables e non renovables e explicar o fundamento en que se basea o seu aproveitamento.

§  Recoñecer as principais vantaxes e inconvenientes de cada unha das fontes de enerxía actuais.

§  Analizar os principais impactos ambientais debidos ás diferentes fontes de enerxía.

§  Realizar unha tarefa de investigación sobre a información contida nas etiquetas enerxéticas.


  • UD 5. Calor e Temperatura (9 sesións, bloque 5) Obxectivos:

§  Comprender o concepto de calor como transferencia de enerxía térmica e non como algo que conteñen os corpos.

§  Relacionar a temperatura co movemento térmico ou, finalmente, coa enerxía cinética media das moléculas e refugar a idea errónea da temperatura como medida da calor.

§  Coñecer as escalas Celsius e Kelvin de temperatura e a relación entre ambas.

§  Comprender o principio físico da dilatación térmica en sólidos, líquidos e gases.

§  Coñecer as principais unidades de medida da calor.

§  Relacionar a calor como unha forma de “transferir” enerxía  entre dous corpos en desequilibrio térmico.

§  Distinguir as formas de transmisión da calor.

 

  • UD 6. Os cambios químicos na materia (9 sesións, bloque 3) Obxectivos:

§  Diferenciar entre transformacións físicas e químicas.

§  Recoñecer os indicios máis habituais dunha reacción química.

§  Representar e comprender ecuacións químicas sinxelas.

§  Comprender a lei de conservación da masa e a lei de proporcións constantes e xustificalas desde un modelo atómico.

§  Aprender a axustar reaccións químicas moi sinxelas.

§  Realizar cálculos sinxelos con reaccións químicas.

§  Comprender a importancia da química na nosa vida cotiá.

 

  • UD 7. O movemento dos corpos (12 sesións, bloque 4) Obxectivos:

§  Coñecer e definir as principais magnitudes relacionadas co movemento.

§  Comprender o concepto de velocidade e relacionalo co de distancia percorrida e tempo empregado.

§  Distinguir entre velocidade media e instantánea.

§  Relacionar o concepto de aceleración co cambio na velocidade.

§  Recoñecer o MRU e o MRUV e resolver problemas sinxelos de ambos os tipos de movemento.

§  Representar graficamente a distancia percorrida e a velocidade fronte ao tempo para un MRU.

§  Representar graficamente a distancia percorrida, a velocidade e a aceleración en función do tempo para un MRUV.

§  Utilizar as gráficas para calcular magnitudes relacionadas co movemento.

 

  • UD 8. As forzas e os seus efectos (9 sesións, bloque 4) Obxectivos:

§  Entender o concepto de forza.

§  Identificar as principais forzas que actúan na vida cotiá.

§  Recoñecer os distintos efectos das forzas sobre os corpos.

§  Relacionar a forza exercida sobre un corpo elástico coa súa deformación.

§  Comprender como funciona un dinamómetro e recoñecer a súa utilidade.

§  Comprender a relación entre a forza aplicada sobre un obxecto e a aceleración que este adquire.

§  Entender o papel do rozamento na vida cotiá.

§  Coñecer as condicións para que os corpos atópense en equilibrio estático.

§  Recoñecer os principais exemplos de máquinas simples.

§  Valorar a importancia das máquinas simples na nosa sociedade.

 

  • UD 9. O Universo e a forzas da gravidade (9 sesións, bloque 4) Obxectivos:

§  Coñecer as escalas de medida de distancias no universo.

§  Recoñecer a importancia da observación astronómica como estudo do pasado do universo.

§  Recoñecer algúns obxectos celestes visibles a primeira ollada ou con instrumentos de observación.

§  Coñecer as características básicas do sistema solar.

§  Comprender o papel da forza da gravidade como mecanismo do universo e as súas principais consecuencias.

§  Entender os fenómenos asociados ao sistema Sol-Terra-Lúa.