Selector rápido de contidos

Foro de consultas xerais

Dende aquí se poden facer consultas online en modo "foro" que poden ser contestadas tanto polos responsables do instituto como por calquera membro da comunidade educativa. As cuestións ou respostas "off topic" serán eliminadas.

  • Se se trata dunha consulta persoal, podes contactar connosco a través do noso formulario de contacto. Neste caso, a resposta pode demorarse 3 ou 4 días e só se responderá se é unha consulta persoal que non pode facerse no foro.

  • Se queres un certificado, pódelo solicitar a través do noso formulario de solicitude de certificados.

 

 

Auxiliar de enfermería

Boas noites. Sabes algo de cando saen o curso de auxiliar de enfermería? Cando hai que presentar a documentación e como se fai. Moisés grazas

Técnico en coidados auxiliares de enfermaría

O proceso de admisión ábrese na segunda quincena de xuño, pero é a Consellaría quen fixa as datas concretas e o proceso.

Estea atento/a á web da Consellaría en www.edu.xunta.gal/fp onde se publicará toda a información sobre oproceso de admisión.

Ciclos de Grao superior

Ola, bos días!! Vos escribo para ver se me poderíades facilitar todalas propostas formativas que ofertades  novas no IES LEIXA, xa que as novas non as atopo pola web. Un saúdo e moitas grazas.

Oferta educativa

A oferta educativa ainda non se publicou por parte da Conselleria de Educación, así que aínda non podemos confirmar cal será.

Estea atento/a á información na web da Consellería www.edu.xunta.es/fp 

PREMATRÍCULA 2021-22

Bos días, gustaríame saber cando estarían programados aproximadamente os prazos de preinscripción en ciclos para poder estar pendente da data. Moitas grazas.

Preinscrición

A preinscrición en ciclos formativos sempre é a segunda quincena de xuño e primeiros días de xullo. É a Administración quen fixa as datas concretas.

Pode consultar todo o referente á admisión a ciclos na web da consellería en www.edu.xunta.gal/fp 

Powered by Drupal - Design by artinet