Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas de departamentos

ALUMNOS 4º ESO MÚSICA 2

Boas:

   Só quería comentar ós alumnos de 4º Música 2 que estiven estes días facendo as medias e, como  no voso caso teño feito o exame do Rock dos 60/70, usei tamén esa nota na vosa media. Posto que non puiden darvos a nota do exame, e paréceme lóxico que queirades sabela, ocúrreseme que quen a quera saber pode poñerse en contacto comigo a través do meu correo electrónico e dígolla persoalmente a cada un. Os exames xa volos ensinarei á volta.

O meu correo para que non o teña: mariac@edu.xunta.es

Un saúdo,

María.

 

3º ESO MARÍA

Moi boas, alumnos de 3º A, 3º B e 3º C,

   Aquí vos deixo a corrección dos exercicios anteriores e unha nova ficha onde explico o último que vimos en clase: teclado do piano e nome das teclas, e poño algúns exercicios para que fagades cando queirades. A semana que ven enviarei a corrección deses exercicios.

   Se podedes ir instalando algunha aplicación de teclado para o móbil ou a tablet, podiamos tentar tocar proximamente algunha cancionciña doada.

Moito ánimo.

Unha aperta

María

Actividades do Departamento de Relixión Católica

Na aula virtual do IES LEIRAS PULPEIRO no Departamento de Relixión Católica, atopades no apartado EDILIM e ARDORA actividades que en cada nivel os alumnos podedes realizar á vosa elección e de xeito voluntario.Así mesmo poderedes proceder a autoavaliación dado que dispoñen de sistema de correción e solucionario.

Se vos xorde algunha dúbida podedes contactar comigo no correo,

natileiras2@gmail.com

M.Natividad González Alonso

13 de marzo 2020

THE SOUND OF SILENCE (3ºDESO)

Escoitade o famoso tema interpretado por Simon&Garfunkel e realizade os seguintes exercicios.

Tamén vos deixo a partitura da obra, por se vos animades a interpretala con algún instrumento.

https://www.youtube.com/watch?v=B9z87viDmOo

AUDICIÓN "EL CISNE"(2ºESO)

Lede o apartado sobre a obra "El cisne" de Saint-Saëns e escoitádea no seguinte

enlace.

https://loff.it/the-music/el-cisne-camille-saint-saens-117734/

Despois contestade 5 preguntas sobre a audición.

AUDICIÓN "EL CISNE"

 

Lede o texto sobre a audición e escoitade a obra no seguinte enlace, para contestar a continuación a 5 preguntas sobre a obra.

 

 

https://loff.it/the-music/el-cisne-camille-saint-saens-117734/

EXERCICIOS SOBRE MATICES (2ºESO)

Con estos exercicios repasaremos os termos empregados en música para representar o grao de intensidade con que se producen os sons.

MATERIAL ALUMNADO DE MARÍA (ESO E 1º BAC)

Ola a todos:

Sobre o material que vou subindo quería facer varias consideracións: 

  • Tentarei sempre que poda subir a corrección das fichas de exercicios para  que vos autoavaliedes.
  • Non é necesario que me enviedes os vosos exercicios ó correo, porque sinceramente, non me vexo capaz de correxir todo. 
  • Non hai ningún prazo para facer as actividades,  As ides facendo cando poidades, con calma.
  • Pídovos que sempre as corrixades e vos poñades unha nota en cada exercicio que pode ser que vos pida máis adiante para saber como ides.
  • Non podo concretar ningún momento da semana para subir material novo, xa que sodes moitos niveis e moitos cursos, a realización desas fichas e material require de bastante traballo e tempo pola miña parte e a miña situación en casa con dous nenos pequenos tampouco axuda. Por iso prégovos que miredes de vez en cando as novas do departamento de música e a aula virtual e vaiades organizando as actividades novas que atopedes como creades mellor.

Como sempre, resolverei calquera dúbida e estarei encantada de contactar con vos no meu correo: mariac@edu.xunta.es

Ánimo e coidádevos moito.

Unha aperta:

María

MATERIAL 2º BAC HMD

Ola a todos,

Acabo de subir á aula virtual o tema seguinte do temario que sería O Clasicismo. Subín apuntes para que os vaiades lendo e a lista de audicións para que as vaiades buscando CON CALMA en  youtube. Irei subindo nos próximos días actividades escritas e de audicións tanto do tema novo como do anterior, e tamén as correccións desas actividades para a vosa autoavaliación. Non hai ningún tipo de prazo para facer estas actividades, as ides facendo cando vos pareza e as correxides cando vos pareza. Só vos pido que anotedes a calificación unha vez correxida para informarme das mesma canto todo isto remate e volvamos ás aulas.

Tampouco podo concretar cando subirei material novo, xa que me supón un gran esforzo manter o día todo o material para tantos cursos e niveis que imparto, e tedes que pensar que debo atender tamén a dous nenos pequenos na casa. Pídovos paciencia e calma. xa se verá como se resolve esta situación, pero pola miña parte podedes ter a seguridade de que tentarei facilitarvos o máis posible as cousas.

Como sempre, resolverei calquera dúbida que teñades no meu correo: mariac@edu.xunta.es

Coidádevos moito.

Ánimo.

Unha aperta:

María

ABAU. Nota de prensa.

Déixivos  o enlace á nota de prensa publicada pola ciuga : datas ABAU

https://ciug.gal/gal

Distribuir contido


by Dr. Radut