Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas de departamentos

Convocatoria Fondo libros curso 2023-2024

Publícase no DOG do 19 de maio de 2023 a convocatoria de Fondo Libros.

 

IMPORTANTE:

RECOMENDAMOS, PREGAMOS e INSISTIMOS en que procuren facer a solicitude de forma telemática, para que non pasen 300 persoas a entregar papeis no instituto.

 

PRESENTACIÓN TELEMÁTICA:

 

CHAVE 365

É un sistema para identificarse telematicamente mediante código no teléfono móbil para calquera trámite da Xunta. MOI RECOMENDABLE.

Obradoiro de bonecos Nadal 2022

LIGAS INTERNAS NO TEMPO DE LECER

Xa podedes apuntarvos ás Ligas Internas organizadas polo departamento de EF. As follas de inscrición atópanse no corcho que está diante de conserxería.

Fútbol sala (5x5) estará dividido en tres ligas: 1º/2º de ESO, 3º/4º de ESO e 1º/2º de Bac.

En baloncesto (3x3), voleibol (4x4), brilé (8x8), tenis de mesa (1x1) e bádminton (1x1) participaredes tódolos cursos xuntos.

O procedemento para inscribirse será o seguinte:

Fútbol sala, baloncesto, voleibol e brilé: introducir a folla de inscrición cuberta na caixa situada debaixo do corcho.

Tenis de mesa e bádminton: apuntarse directamente na folla que está no corcho.

O prazo remata o 17 de outubro. Durante a semana do 24 de outubro publicaranse os calendarios. O día 2 de novembro empezarán as ligas.

Para calquera dúbida contactade en lulufel@edu.xunta.es

 

DIPLOMADOS EN APADRIÑAR ROSEIRAS

 

 

O alumnado de 2ºESO foi o protagonista da actividade:Apadriña unha roseira” no xardín do Leiras.

 

 

Unha vez que se estableceu o compromiso de coidado, durante o resto do curso, das roseiras que se ían plantar no xardín do IES, os alumnos e alumnas, plantaron, regaron e abonaron as súas roseiras, coidándoas con tal entusiasmo e atención, que o profesorado que coordenou esta actividade tomou a decisión de recoñecer este traballo concedéndolle un diploma en recoñecemento ao seu compromiso e dedicación realizando esta actividade.

 

No último día de clase o director do centro entregou a un representante de cada clase cadanseu diploma, o que recibiron con grande ledicia.

 

 

AULA INTERDISCIPLINAR AO AIRE LIBRE NO XARDÍN DO LEIRAS

 

Co obxectivo de relacionar e aplicar o que aprendemos, así como  potenciar a aprendizaxe global a través de propostas que promovan a integración e a conexión de contidos entre as distintas materias, realizáronse diversas actividades de xeito interdisciplinar.

Ao longo do curso o alumnado relacionou e aplicou o que aprendeu entorno ao xardín do Leiras.

 
 
   
     
     

 

 

ABRAZAMOS ÁRBORES

 

 

En varios cursos, durante varios días ao longo do curso abrazamos árbores como xesto de sensibilización cara o coidado do Medio Ambiente.

 

 

 

De xeito simbólico, nos distintos cursos, fotografámonos no xardín abrazando árbores, despois de ver documentais cuios enlaces foron facilitados polo Instituto de Estudos do territorio da Consellería de Medio Ambiente, Terrritorio e vivenda, que informan sobre a importancia do coidado da Natureza e da súa preservación para o futuro.

 

 

 

Na materia de Relixión Católica preténdese dar unha proposta de sentido último para a vida e iluminar o fundamento daqueles valores comúns que fan posible unha convivencia libre, pacífica e solidaria, para o cal é moi importante o respecto da Natureza e crear unha conciencia ecolóxica.

 

 

 

 

EDUCANDO A CONCIENCIA MEDOAMBIENTAL

 

 

Tendo como obxectivo acadar o coñecemento das paisaxes cercanas presentes no ámbito próximo ao noso centro educativo, adquirimos coñecementos vendo videos propostos pola Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda, sobre os elementos paisaxísticos.

 

 
 

 

 

Despois fíxose un pequeno traballo interpretativo, en grupo, no que se plasmou a impresión e o interese sobre o estudado.

 

 

 

SEMENTAR SEMENTAREI

 

 

Tendo como obxectivo integrar as familias e fomentar a súa participación na aprendizaxe dos seus fillos e fillas, dende o Departamneto de Relixión Católica,  propónselle ser colaboradoras en actividades que se realizan no PROXECTA + Paisaxe e sustentabilidade, facéndolle a proposta de que participen na actividade de sementar prantas no xardín do IES e colaborar dando información e consellos sobre como levar a cabo a actividade con éxito. Así  tamén se lle pide que deixen  aperos de labranza, regadeiras, etc. para realizar o traballo en equipo. Dado que a súa resposta foi moi satisfactoria, puidemos facer a sementeira no noso xardín de “ mirabilis jalapa”, popularmente chamados “dondiego de noche”  ou “pericos”.

 

 

Ademáis de aprender sobre como intervir na contorna próxima para mellorala e enriquecela, o alumnado disfrutou moito facendo esta actividade.

 

RECUPERAMOS E REVITALIZAMOS PRANTAS MURCHIÑAS

 

 

Unha das actividades que decidimos realizar dende o Departamento de Relixión Católica dentro das propostas feitas para a “feira da primavera” foi recuperar e revitalizar prantas murchiñas do noso xardín.

 

 

 

Despois de ten feito a observación de que algúns arbustos e prantas do noso xardín non tiñan un  aspecto saudable que lles permitise agasallarnos coas súas fermosas flores, os alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º da ESO con gran interese e dedicación, cavaron, abonaron e regaron esas prantas e arbustos que necesitaban unha axudiña.

 

 

 

Xa que o xardín do IES configura o escenario da nosa vida cotiá, con esta acción, aínda que pequena, pode mellorar o espazo onde habitamos.

 

 

COLABORACIÓN INTERDISCIPLINAR DOS 3 PROXECTA + : ALIMÉNTATE BEN, XOGADE E APADRIÑA UNHA ROSEIRA

 

 

 

 

Dada a importancia do exercicio e da vida activa na adolescencia para evitar a obesidadde, este ten que complementarse cunha alimentación sá, e dentro desta é básica a froita. Así na semana da feira da primavera programáronse actividades físico-deportivas e tamén o día da froita en colaboración coa AMPA.

 

Dende o Departamento de Relixión Católica quixemos integar aquí a educación medioambiental como complemento a estas actividades. Preténdese que o alumnado incorpore a paisaxe como obxecto de aprendizaxe e se convirta en actor da súa mellora e posta en valor.

 

 

 

 

 

A actividade que desenvolveu o alumnado consistiu na recollida das mondas da froita e de outros residuos orgánicos, en papeleiras feitas para tal fin con botellas de auga de 5l. recicladas, para logo depositalos no composteiro, que está situado nun recuncho do xardín e así xerar un abono natural que sevirá para fertilizar as roseiras  prantadas  durante o curso polos alumnos e alumnas de 2ºESO e outras prantas e arbustos prantados e sementados polo alumnado de outros cursos.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut