Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Educación física e deportiva

1º BACH AFTOL. Aclaración traballos 2ª avaliación.

   Os traballos da segunda avaliación son os de Xogos Populares. Os traballos dos deportes convencionales adaptados serían para a terceira avaliación.

1ª BACH. AFOTL. Traballos 2ª Avaliación

   Bos días rapaces e rapazas!!. Lembrade a información que se enviou a traves do grupo de whatsapp (27 de marzo). Teño que avaliarvos antes do 2 de abril. Calquera dúbida  que teñades podedes expoñela a través do meu correo, aula virtual ou grupo de whatsapp.

   Un saúdo!!.

3ºESO PREGUNTAS Exame 3ª avaliación

   Moi boas!!. Tedes publicadas na Aula Virtual unha relación de preguntas relativas ó exame teórico da 3ª avaliación.

   Un saúdo!!.

3º ESO Apuntes

   Moi boas!!. Tedes as actividades  na Aula Virtual. Para calquera dúbida que teñades podedes poñervos en contacto a través do foro da aula virtual ou a través do meu correo celtiaroa@edu.xunta.es

Un saúdo!!.

PROMOCIÓN DE HABITOS DE VIDA SALUDABLE

Estimados alum@s de 1ºA-B-C-D:

Vendo que este problema do coronavirus alóngase por máis tempo,convídovos a  entregar as actividades que tiñamos programadas para esta semana.O dia 27 tiñamos a entrega dos traballos deste avaliación.Lémbroos.

1.Resumo do visionado do video "hasta los huesos"anorexia e bulimia

2.Etiquetado dun produto.

3.Escollemos as mellores zapatillas deportivas.

4. Mochilas:tipos e como organizamos unha mochila

5.Ergonomía

 Estes traballos podedes entregalos no meu correo martarodriguezmeira@edu.xunta.es cando os teñades todos feitos.Se alguen pola circunstancia que sexa non pode ,xa mos entregará a primeira semana que nos incorporemos ás clases.

En relación ao exame que tiñamos previsto para esta semana vouvolo enviar a próxima semana e devolvedesmo por correo resolto.A primeira semana que nos incorporemos ,fareivos individualmente unhas preguntas sobre o exame que fixestes.

Sen máis me despido.De terdes calquera dúbida ,mandades un correo.

Un saúdo e ánimo!!

Marta Rodriguez Meira

Educación Física: Traballo para alumnado de 1º de Bac.

Publicado o traballo da semana 2 na Aula Virtual. Serán matriculados nesta actividade os alumnos e alumnas que entregaron o traballo da semana 1: Bádminton.

Lecturas interesantes: libros sobre temáticas relacionadas con el deporte

Volume de entrega de traballos de EF

Boas rapazas e rapaces! Escribo isto para animarvos a ir facendo e entregando os traballos de EF, pensade que é saudable manter unha rutina cada día, e ademáis de facer tódolos días unha sesión de actividade física (tedes a proposta publicada por Marta, ou se queredes traballar algo en concreto e non sabedes como, non tedes máis que preguntar aos vosos profes) tamén debedes manter un horario de traballo intelectual. Aquí amosarei unha táboa un pouco desmotivante, para ver se me axudades a cambiala un pouco. Veña, ánimo!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Para consultas: lulufel@edu.xunta.es

Saúdos,

Luisa

CURSO

Nº ALUMNOS/AS

TRABALLOS ENTREGADOS

1º BAC

58

51

2º ESO

88

28

1º ESO

30

13

Distribuir contido


by Dr. Radut