Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Programa YAM

O IES Leiras Pulpeiro é un dos centros educativos de Galicia que forman parte do programa YAM, unha iniciativa de prevención primaria consistente nun adestramento a desenvolver en 5 sesións impartido por psiquiatras, psicólogos/as e traballadores/as sociais do SERGAS e orientadores/as da Consellería de Educación que invita aos mozos e mozas a reflexionar sobre as súas emocións e a considerar diferentes enfoques cando se enfrontan a retos da vida ou a problemas de saúde mental.

Durante o curso 2023-24 o YAM será obxecto de análise mediante un Ensaio Clínico Aleatorizado do que o alumnado de 3º da ESO do noso centro poderá formar parte como grupo de control respondendo a unha enquisa inicial e recibindo os talleres de adestramento durante o curso 2024-25 xa como grupo experimental.

O mércores 17 de xaneiro ás 17h no Salón de Actos do noso instituto terá lugar unha reunión informativa na que o equipo investigador do SERGAS informará do programa YAM ás familias do alumnado de 3º da ESO que estean interesadas en autorizar a participación no proxecto.

 

O YAM está financiado ao 95% polo Fondo Social Europeo (FSE).

 

Podedes acceder a toda a información premendo aquí

 

Feira de Nadal 2023

Vídeo Nadal Relixión

Portas de Nadal

Desde o contrato-programa eduExcelencia, promoveuse dar paso a creatividade artística cunha actividade coa que se conseguiu ambientar o noso instituto nestas datas tan sinaladas: Decorar as Portas das nosas aulas.

A ilusión e o nivel amosado polo noso alumnado (e por titores e titoras) sorprendeu a todos/as e o xurado tivo moi complicado ditar o seu veredicto.

Queremos agradecer aos que dedicastes o voso tempo, mesmo polas tardes, para que todos puideremos desfrutar dunha ambientación espectacular. Bo Nadal!

 

Podes ver todas as portas nesta ligazón:

https://photos.app.goo.gl/JAb97inegdvwqpR29

 

Venres musicais - Top éxitos 2023 (19-12-2023)

Programa dedicado ás cancións máis escoitadas do ano 2023. Realizado polo alumnado de Proxecto Competencial de 1ºESO.

Dirección: María
Locutores: Nahia, Naiara, Nicolás, Erik, Aitor.
Control: Xabi

Venres musicais - Grandes éxitos do pop dos 80 (15-12-2023)

Programa dedicado á morriña do pop dos anos 80. Realizado na materia de proxecto competencial de 1ºESO.

Dirección:  María
Locutores: Julia, Mayra, Tiago, Mario (1ºESO C e D)
Control: Xabi

Venres musicais - Cancións de amor actuais (13-12-2023)

Programa dedicado ás cancións de amor que se escoitan na actualidade. Realizado na materia de Proxecto Competencial de 1º ESO.

Dirección: María
Locutores: Miguel, Ángel, Anair, Mari Carmen (1ºESO A-B)
Control: Xabi

Venres musicais - Música Latina (13-12-2023)

Programa dedicado á música latina. Traballo de Proxecto Competencial de 1ºESO.

Dirección: María
Locutores: Elías, Tatiana, Mateo (1ºESO A-B)

 

Feira de Nadal 2023

Como en anos anteriores, imos despedir o primeiro trimestre do curso coa nosa Feira de Nadal, desta volta con máis actividades que nunca.

Terá lugar o xoves 21 de decembro ás 11:30h, momento en que cambiaremos a actividade lectiva ordinaria polas correspondentes á Feira.

En cada unha delas obteranse Leiros, moeda de uso interno, que se poderán cambiar durante toda a xornada na Cafetería por alimentos saudables. Os Leiros caducarán ese mesmo día.

As actividades que se ofertan este ano son:

Desenvolveranse nos seguintes espazos:

Venres musicais - Mulleres da música actual (05-12-2023)

Programa dedicado ás mulleres protagonistas do panorama musical actual. Realizado na materia de Proxecto Competencial de 1ºESO.

Dirección: María
Locutores: Sara, Adrián, Yaiza, Steven (1ºESO A e B)
Control: Xabi

Distribuir contido


by Dr. Radut